PREGUNTAS E SOLICITUDES (NOVEMBRO)

PREGUNTAS
- ¿Que obra solicitou o Concello á Consellería de Medio Rural para o ano 2008 no marco do Plan de Infraestructuras 2006/2009?
A Consellería asignoulle ó Concello de Sober 330.688 €, máis 13.962 € a maiores para este período. Ler máis...
SOLICITUDES
- Solicitamos ver varias facturas aprobadas nas Comisións de Goberno de agosto a setembro.
Entre elas: 2 obras na piscina que suman en total máis de 20.000 €.
- Solicitamos da Alcaldía do Concello de Sober que, xa que pasou o tempo do verán, se inicien os trámites para dar cumplimento á moción presentada polo BNG en xullo para facer da Xabrega un punto de investigación vitivinícola e un centro de interpretación da Ribeira Sacra. Tal como fora acordado polo Pleno por unanimidade é a Alcaldía a encargada de iniciar as conversas cos organismos implicados para poñer en marcha este proxecto.
Esta iniciativa, nos termos que a propuxemos o BNG, e tralo acordo de todas as forzas políticas de Sober, suporía un gran impulso para o sector do viño e sería un punto de importancia turística escepcional: unha iniciativa que reúne a innovación co respecto e estudo do tradicional; a recuperación da nosa Historia ca construcción do noso Futuro.

24 comentários:

QuovadisSober? disse...

Ultimamente hai un ruxe ruxe que dí que a Alcaldesa pasa máis tempo na Diputación que no Concello, que non se ve por Sober (estarase postulando dentro do PP), si graciosamente rebaixou o seu soldo en 400 euros mensuais -dunha dedicación exclusiva a outra parcial- para poder cobrar 26.000 euros da Diputacón (e eso que está na Oposición), qué menos que cobre do Concello un soldo proporcional o tempo que lle dedica, ou sexa, a metade do que cobraba e non rebaixalo nun mísero 15% para cobrar o da Diputación; facede contas e mirade o que ingresa esta señora anualmente de soldo a conta dos nosos impostos e o que ingresades vós e si merece a pena seguir votándolle a unha política profesional que so busca o seu medre económico e persoal e non os dos veciños.

Anónimo disse...

Quovadissober, fago contas:
Concello: 34.020 brutos o ano - (menos) o 15% (5.103)=28.917.
Diputación: 26.000
Total: 28.917+26.000=54.917 + (máis) dietas, imaxino que do Concello e a Diputación.
Todo legal, máis creo que é inmoral.

Anónimo disse...

CENSOS INFLADOS PARA AS ELECCIÓNS, SOBRE TODO AS MUNICIPAIS.

La Voz publica unha surrealista entrevista con Susana Vázquez, Alcaldesa de Porqueira, tránsfuga e candidata do PP nesta vila:

-¿Pero eso le parece ético?
-Entiendo que haya gente que lo considere inaceptable, pero yo no lo veo así. Yo quiero que mi pueblo crezca, es algo positivo.

-Pero, es una trampa.
-Siempre pasa. Es algo normal antes de las elecciones.

-Pero en muchos casos los nuevos censados, luego se van.
-Sí. Es cierto. A mí me preocupa cada vez que alguien se da de baja en el censo. Pero después de las elecciones es normal. En todo caso, los nuevos censados en A Porqueira tienen vinculación con el pueblo. Pasan aquí fines de semana, vacaciones o tienen familia.

En Sober pasa o mesmo.

paula disse...

Mira o "post" A PRIMAVERA O SANGUE ALTERA.http://benegasober.blogspot.com/2007/03/primavera-o-censo-altera.html

paula disse...

Sobre o novo soldo da Alcaldía nós criticámolo, pero non desde o punto de vista de que vaia traballar menos (ó contrario, no Pleno recalcamos que seguramente ía traballar moito máis, e desde o punto de vista humano, por saúde, non llo desexamos a ninguén).
A cuestión de fondo é o feito de acumular cargos institucionais (e cartos públicos).
Eu creo que esto é o inmoral (e vai por todos os políticos que o fagan, sexan do partido que sexan): se eres Alcalde con adicación exclusiva non deberías ser Deputado (inda que cobrases o mesmo); se eres Deputado Autonómico non deberías ser Deputado Provincial (por iso, Mª Xosé Vega dimitiu do seu cargo no Parlamento e se diu entrada a outra persoa do BNG).
Mesmo creo que non se deben combinar os cargos organizativos cos institucionais. No PP e PSOE é a norma que o cargo institucional máis relevante sexa o máis alto cargo organizativo. No BNG téndese a separar (por exemplo, en Sober, os voceiros no Concello son distintos do Responsable Local).
En fin: a clave é non acumular poder.

Anónimo disse...

Eu non entendo nada, primeiro, Paula, se crees que eso e algo inmoral deberías apoiar a un partido que non faga iso,e o BNG,faino alí onde goberna, ti falas de Mª Xose Vega que esta a cobrar do Concello de Monforte e mais da Diputación, gustariame saber canto cobra en total? e digades neste blog que tamen e algo inmoral. E por certo, creo que fai mais cousas Raquel en Sober, que Severino en Monforte, cobrando mais este e tamen aqueles que como decides comen do pesebre ou algo asi, ou estomagos agradecidos que creo que en Monforte hai bastantes, creo que e algo obxetivo, realmente en Monforte non se fixo nada agas adecentar as fachadas, pero cada vez hai menos traballo, a residencia que ian facer en dous anos esta inda sen rematar, o centro de día inaugurado (que vos iba decir que vos, refirome o BNG, tamen ibades inaugurar con fines electoralistas)non funciona, o porto seco esta seco, a lei de dependencia e unha vergoña non hai nin unha sola persoa que haxa recibido axuda para este fin, eso si que e propanganda, vivenda un desastre..., medio rural xa o vemos como funciona ca plaga dos carballos, en fin...eu fundaria outro partido onde todavia existan os ideales que se perden o chegar o poder.Un saudo

paula disse...

1. Eu non dixen que a Alcaldesa de Sober traballase pouco, máis ben o contrario. Mesmo me molesta que se insinúe iso porque sei que non é así.
2. Eu non apoio a ningún partido, milito no BNG, que é unha fronte política que aglutina a partidos, colectivos e a persoas independentes unidas pola loita común da emancipación nacional de Galicia.
3. O BNG permite ós militantes discrepar da opinión oficial (esta é o resultado de acordos tomados por maioría); e eu, e outra xente do BNG, criticamos a acumulación de cargos por parte de persoas de calquera forza política, tamén do BNG.
4. Vivenda non é ningún desastre. Sentáronse as bases para unha política de Vivenda ó servizo do cidadán (40% de solo reservado para vivenda protexida, rexistro único de demandantes de V.P., axudas para a rehabilitación...) e de creación de solo industrial.
5. Medio Rural non pode actuar contra a praga dos carballos no inverno. E se Medio Rural descoidase as súas obrigas en primavera, descoida, querido anónimo, que estaremos do lado dos intereses de Sober.
6. Aquí estamos en Sober, non me apetece debatir sobre a pólítica monfortina. Decir que unha das cousas máis importantes que fixo o goberno municipal de Monforte da anterior lexislatura foi precisamente o traballo de Mª Xosé Vega, poñer en orde as contas despois do desastre do señor Pin.

paula disse...

1. Eu non dixen que a Alcaldesa de Sober traballase pouco, máis ben o contrario. Mesmo me molesta que se insinúe iso porque sei que non é así.
2. Eu non apoio a ningún partido, milito no BNG, que é unha fronte política que aglutina a partidos, colectivos e a persoas independentes unidas pola loita común da emancipación nacional de Galicia.
3. O BNG permite ós militantes discrepar da opinión oficial (esta é o resultado de acordos tomados por maioría); e eu, e outra xente do BNG, criticamos a acumulación de cargos por parte de persoas de calquera forza política, tamén do BNG.
4. Vivenda non é ningún desastre. Sentáronse as bases para unha política de Vivenda ó servizo do cidadán (40% de solo reservado para vivenda protexida, rexistro único de demandantes de V.P., axudas para a rehabilitación...) e de creación de solo industrial.
5. Medio Rural non pode actuar contra a praga dos carballos no inverno. E se Medio Rural descoidase as súas obrigas en primavera, descoida, querido anónimo, que estaremos do lado dos intereses de Sober.
6. Aquí estamos en Sober, non me apetece debatir sobre a pólítica monfortina. Decir que unha das cousas máis importantes que fixo o goberno municipal de Monforte da anterior lexislatura foi precisamente o traballo de Mª Xosé Vega, poñer en orde as contas despois do desastre do señor Pin.

anónimoanónimo disse...

-Os únicos que teñen dedicación exclusiva en Monforte son Severino, Pavón e Isabel, Mª Xosé é Concelleira de Facenda, pero o seu único soldo percibeo como Vicepresidenta Terceira da Diputación, polo tanto mintes descaradamente.
-En canto a Ley de Dependencia, son moitísimos os expedientes que hai que xestionar, que xa están revisados os dos grandes dependientes e cobrarán as axudas a partir de xaneiro próximo. Le a Ley e enterate do que dí, do tipo de grado de dependencia, prazos, etc.Volves mentir.
-No Concello de Monforte a metade do seu orzamento corresponde a ingresos propios, o de Sober depende basicamente das subvencións da Xunta, os seus ingresos propios case non chegan para pagar os gastos de persoal, son incomparabeis, pero os soldos son semellantes.Segues mentindo querido anónimo.
O demáis igual , argumentos de taberna, demagóxicos, sin criterio, mezclando Partido, Concellos e Xunta , todo nun poupurri demagóxico.

paula disse...

Suscribo o que di o último anónimo.
Os gastos de persoal do Concello de Sober ascenden a 570.000 €, e unha boa parte dos gastos de persoal de Servizos Sociais achégaa a Xunta de Galicia.

Anónimo disse...

Querido anónimo queresme decir que MªXose Vega non cobrou do Concello de Monforte por ser Concelleira de Facenda e como diputada provincial?? home eso ata foi criticado polo seu grupo politico. Eu quero saber canto cobra esta señora, xa que para unhas cousas falades de numeros, por favor, querido anónimo, dime canto cobra, creo que e unha pregunta facil.
Acordaste cando criticabades o señor Pin, por duas dedicacions exclusivas??? pon cifras do que se invertiu en Monforte co señor Pin, e do que se invertiu co señor Severino,eso son datos obxetivos. E un dato o obxetivo,é, que non hai nin unha soa persoa que recibira unha axuda pola lei de dependencia, no futuro,non sei, no presente e asi,minto tamen??
O dos carballos estamos en inverno pero pasamos polo veran, e non se fixo nada, tamen falades de no futuro....Dios dira, igual xa non hai carballos.
E querido anonimo, que me dices do centro de dia, tamen me falaras de futuro,e da residencia???, claro tamen futuro. Por certo, hai presente para vos????

anónimoanónimo disse...

Repiteste, cambia de cantinela, Mª Xosé NON PERCIBE NINGÚN SOLDO POR SER CONCELLEIRA, enterate dunha vez; so hai tres adicacións exclusivas: as da Alcaldía, Obras e Medio Ambiente. Como me canso de ler os mesmos argumentos, nin contesto, porque xa o fixen. Eres dos que pensan que unha mentira repetida tres veces convírtese nunha verdade, pois vai ser que
non.

SONDEAMORES disse...

¿Podese saber canto cobra esa MªXose Vega?

Anónimo disse...

Está no BOP.Consultao.

Anónimo disse...

Xa o vin no BOP,A SR. MªXOSE VEGA cobra nada mais e nada menos que 60.000 euros,e esto sin contar dietas, comisions....EN FIN XA VEXO PORQUE NON QUERIADES POÑER A CIFRA, TEDES RAZON PARA O QUE FAI E ALGO INMORAL.

Anónimo disse...

O que é immoral e cobrar de duas administracións, papar de dous lados, si falla un queda o outro, ou non?

outroanónimo disse...

Non sei se vos dades conta de que os 60.000 € ó ano que cobra a Vicepresidenta da Depu. e os mesmo que cobra a Alcaldesa de Sober... digo polo anónimo que critica a Vega por cobrar iso...

Anónimo disse...

xa vexo o rasero que tedes, si a persoa e do BNG non hai problema en que cobre 60 ou 120, merece eso e moito mas, e polo visto ser vicepresidenta da deputacion e mais que ser alcaldesa de sober, ou de Allariz, ou traballador do campo,ou profesor de música,ou empleado de supermercado..., vos que non creiades na figura da diputacion...creo que sobran as palabras, sodes pura contradicción, sodes sectaristas, e agora polo visto defendedes os cargos, as clases, os niveis, o traballo da igual, onde estan os vosos ideais....hoxe son quimeras.

Anónimo disse...

A desaparición das Diputacións está no noso idario, vós votástedes 25 anos chupando da sua ubre, como si de unha vaca leiteira se tratara, usándoas para premiar os concellos afins; distribuindo os cartos dunha forma sectaria para comprar favores e vontades, o caciqueo e o cacique en estado puro, actuando como o que verdadeiramente son: unha administración paralela que non está ao servizo dos cidadáns, senon o servizo do poder, ata maio pasado ao servizo do PP e do seu clientelismo político. As cousas están cambiando, sobre todo na sua xestión, e se estamos nelas, aínda sendo partidarios da sua desaparición, e que consideramos que debemos formar parte cando menos para que a sua xestión sexa limpa e transparente e que todos, absolutamente todos reciban o que lles corresponde e non como antes que so o recibian os da mesma cor política os do PP, os demais nin auga.
Somos unha Frente política, non unha ONG e temos que estar onde os nosos votantes e cidadans nolo demanden, non seas demagóxico e argumenta, sempre decides o mesmo.

Anónimo disse...

pois eu creia que en sober queriades que o pp fose unha ONG, porque tanto criticar,pensaba que os do BNG cobraban bastante menos que os do PP, pero visto o que hai en caciques non hai quen vos gane, vos si que queredes chegar o poder pra chupar da ubre,xa se ve, sodes a terceira forza politica pero pra cargos de chupar parecedes a primeira, da igual que non creades na figura da diputación o caso e cobrar,xa sei que me repito, pero realmente creedes que en Monforte necesitanse tres dedicacións exclusivas?? vos, que vos rasgabades as vestiduras con duas??. E queredesme decir que a xunta na actualidade trata a todos os Concellos por igual?? e que nos concellos gobernados polo BNG, as contratacións son transparentes??, e que hoxe temos un pais mellor que fai tres anos??. Un biquiño e a coidarse porque con argumentos como os que dades creo que ides a seguir a ser a terceira forza politica por moito tempo.

paula disse...

Que eu saiba, o bng de Sober non dixo que ser Deputado é máis que ser Alcalde de Sober. E que conste que
O BNG DE SOBER NON SE FAI RESPONSABLE DOS COMENTARIOS DESTE BLOG,
algúns dos anónimos presuntamente pro-BNG, neste e noutras entradas, non representan a nosa opinión, mesmo ás veces a contradicen.

Eu creo que ser Alcalde de Sober é máis importante que ser Deputado, en efecto.
No BNG de Sober decidimos, nunha xuntanza para preparar o Pleno de Organización non criticar o soldo que se puxera a Alcaldía, entendendo que era un soldo non desusado, normal para o traballo dunha adicación exclusiva no Concello de Sober (inda que algúns persoalmente opinemos que + de 1.200 € xa é demasiado, tendo en conta ademáis que existen as dietas, pero iso é unha opinión persoal). Tampouco criticamos no Pleno a cantidade total percibida ca renuncia da adicación exclusiva e a suma da adicación parcial na Deputación; un dos voceiros do BNG dixo que sabía que non ía traballar menos, ó contrario, que posiblemente os cartos non pagasen o traballo adicado; o que se critica é que tendo unha adicación exclusiva no Concello, se se vai desempregar unha adicación noutro organismo, ou se cobra só do Concello ou se parte a adicación exclusiva con outra persoa.

E sobre os ideais, demóstranse na práctica...

bng sober disse...

Repito: O BNG DE SOBER NON SE FAI RESPONSABLE DAS OPINIÓNS VERQUIDAS NOS COMENTARIOS DESTE BLOG.
Por outra parte, a administradora do Blog só respostará os comentarios nas fins de semana.

Anónimo disse...

EL PROGRESO, 11/11/2007
La Diputación de Lugo hará una
conferencia anual de alcaldes
El proyecto de nuevo reglamento orgánico de funcionamiento (ROF) de la Diputación de Lugo contempla la introducción de dos grandes citas de carácter anual: la Conferencia de Alcaldes y el debate sobre el estado de la provincia.

Según informa El Progreso en su edición impresa de hoy, el borrador del texto ya está perfilado por el equipo de gobierno y se prevé que sea entregado a finales de la semana entrante a todos los grupos políticos presentes en la Diputación (PP, PSOE y BNG), para que puedan hacer sus sugerencias.

La Conferencia de Alcaldes es, como destacan en la presidencia del ente provincial, una propuesta "pioneira en España".

También se contempla la posibilidad de que los plenos se celebren fuera del pazo de San Marcos y la creación de una comisión de quejas y sugerencias.

Esto é outra forma de gobernar na Diputación e non o que había antes.

Anónimo disse...

Aquí endexamais se dixo que un diputado provincial fose máis que ninguén, o que dis é terxiversar o contido do post; tes razón, repiteste, mesmamente recoñeces que careces de argumentos, usas tópicos que de tan manidos provocan o riso, eres como os nenos pequenos " e tí máis" seguido de pataleta, estades na Oposición na Diputación ,na Xunta e en moitos concellos e iso doe pero hai que roelo, ides en picado nas enquisas , pasade a vosa travesía do deserto porque non vos ven nada mal e a ser felices que as úlceras non son doadas de curar.
Apertas agarimosas.