PLENO DE SETEMBRO

- Aprobación da ACTA da última sesión
A pesar das incorreccións e omisións da acta, que puxo de relevo Alfonso Campos, a acta foi aprobada por unanimidade dado que o responsable de Secretaría que a redactou xa non traballa no Concello.
- Aprobación do expediente de modificación de créditos.
7 votos a favor (PP) - 1 voto en contra (PSOE) - 2 abstencións (BNG)
A Alcaldía propón destinar 76.607,52 € que quedan de Remanente Líquido da Tesourería do 2006 ás seguintes partidas:
- 6.000 € para a adquisición de terreo para o Punto de Encontro Turístico (para completar os 24.000 € precisos para adquirilo) .
- 70.607,52 € - Obras de reelectrificación e de pavimentación
Alfonso Campos manifestou que ó BNG lle gustaría ter participado na adicación deses cartos ás necesidades e propón en canto a puntos de luz que se respecte a igualdade dos cidadáns e se destinen en primeiro lugar os cartos para os lugares máis alonxados, con idea de equilibrio intramunicipal.
- Modificación das tarifas do servizo de basura
7 votos a favor (PP) - 3 votos en contra (BNG - PSOE)
A Alcaldía propón unha suba de tarifas do lixo ata case o dobre do que se paga agora
O BNG recoñece que o servizo é deficitario pero acusa ó goberno municipal de falta de previsión desde hai anos. O servizo non é caro, pero a suba é moi forte, debería terse feito de xeito progresivo.
Ademáis, faltan servizos que os cidadáns necesitamos. O Psoe referiuse á limpeza de contenedores, pero tamén hai que citar a necesidade de recollida de grandes restos (a Illa Ecolóxica non funciona) e un punto de recollida de envases de fitosanitarios.
- Renuncia da Alcaldesa á adicación exclusiva
7 votos a favor (PP) - 1 voto en contra (PSOE) - 2 abstencións (BNG)
Xa que a Alcaldesa acepta unha adicación parcial na Deputación por 26.000 € brutos ó ano, debe renunciar e renuncia á adicación exclusiva no Concello, rebaixando o soldo da adicación no Concello nun 15 %, quedando a súa retribución mensual no Concello en 2.065 € brutos.
Xesús Verao manifesta que esta é unha fórmula para cobrar en dous sitios.
- Festivos locais 2008
8 - setembro (Romería de Cadeiras)
22 - setembro (Festas do Carme)
- Concellos que representan a Sober no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria.
GUNTÍN - XERMADE - OUTEIRO DE REI
- Moción do PP de Galicia sobre o Plan de Reequilibrio Territorial.
7 votos a favor (PP) - 1 voto en contra (PSOE) - 2 abstencións (BNG)
O PP cre que o Sur de Lugo non é ben tratado polo Plan, e presenta a moción para acordar que se inclúan propostas do Concello de Sober.
Xesús Verao manifesta que para haber acordo se debería retirar a moción, que é política (só se critica o atraso do Sur de Lugo cando cambiou a Xunta, non antes), e reelaborar un acordo no Pleno. Afirma que hai desequilibrios, pero estes veñen de moi atrás.
Mentres se lle pide á oposición acordo sobre isto négaselle participar no destino que levarán os máis de 70.000 € do expediente de modificación de créditos. O Concello de Sober tamén está desequilibrado.
* NOTA: no momento da intervención de Xesús Verao, un concelleiro do PP interrumpiuno faltándolle ó respecto, sen que a Presidenta do Pleno lle chamase a atención. Esperemos que estas faltas de respecto non se volvan a producir.

Sem comentários: