O gasto dividiuse desta maneira:
Ano 2006: 164.650 €.
· 2007 - 60.000 €.
· 2008 - 60.000 €.
· 2009 - 60.000 €.
Este orzamento está destinado a proxectos que favorezan o desenvolvemento agrogandeiro e a dotar ós núcleos rurais de infraestructuras básicas coma traídas de auga ou á mellora das vías de comunicación e dos accesos a explotacións.
Dende o BNG de Sober presentámoslle ó Concello un escrito no que reclamamos que:
- O Goberno municipal comunique a toda a veciñanza a que obras foron destinados a totalidade dos cartos asignados para o 2006 e que obras se reclaman para 2007, 2008 e 2009.
- Que se inicie con urxencia a elaboración dun Plano de Desenvolvemento Rural para este período (2007-2009) consensuándoo cos axentes sociais do Concello (Asociacións de Veciños, viñateir@s, gandeir@s e outros) para definir que obras son prioritarias en cada parroquia e cales serán as liñas xerais de actuación.
Tamén lle fixemos saber ó Concello que para o BNG de Sober é prioritario, a curto e medio prazo, a extensión a todas as parroquias dun abastecemento de augas de calidade.- Que se inicie con urxencia a elaboración dun Plano de Desenvolvemento Rural para este período (2007-2009) consensuándoo cos axentes sociais do Concello (Asociacións de Veciños, viñateir@s, gandeir@s e outros) para definir que obras son prioritarias en cada parroquia e cales serán as liñas xerais de actuación.
Falta auga para o consumo humano no verán (coma no 2006 en Doade e Vilaescura), sábese de perdas no abastecemento e mesmo de tomas ilegais, gastáronse aproximadamente 250.000 € nunha piscina municipal inda non rematada despois de 10 anos e a única obra importante posta en marcha é o bombeo de auga do Cabe, que ademáis de ser a solución máis custosa, só beneficia a 4 parroquias.
Fronte a esta situación, o BNG de Sober propoñemos que se estude a fondo o problema da auga, definindo a solución adecuada en cada zona, creando unha Mesa de diálogo sobre a auga con participación de todas as parroquias, que se limpen as silveiras e toxais que esquilman os manatiais, que se lle garanta un bo abastecemento e saneamento a aquelas parroquias que dispoñen xa de boa e abundante auga, que se penalice a contaminación dos ríos e as tomas ilegais de auga.
En canto a vías de comunicación en xeral, para o BNG de Sober é prioritario o remate e adecentamento da estrada Sober-Doade e das vías que unen Brosmos, Gundivós e Neiras con Monforte, moi transitadas.
Sem comentários:
Enviar um comentário