MOCIÓNS DO BNG: PLENO DE XULLO 2007


MOCIÓN DO BNG PARA QUE SE FAGA UN INVENTARIO DOS VERTEDOIROS DO CONCELLO E SE CONSULTE A EXPERTOS EN MEDIO AMBIENTE SOBRE A MELLOR FORMA DE TRATAR E ELIMINAR ESTES
Consulte a MOCIÓN aquí.
Vexa fotos curiosas dos vertedoiros aquí.
Novas relacionadas: O PUNTO LIMPO DE SOBER NON FUNCIONA. Véxao aquí.
Moción REXEITADA


MOCIÓN DO BNG PARA CREAR NA XABREGA UN CENTRO DE INVESTIGACIÓN ENOLÓXICA E DE INTERPRETACIÓN DA RIBEIRA SACRA

ANTECEDENTES
Un obradoiro de Emprego preparou unha viña experimental en bancais nos Chancís, cunha situación intermedia entre Miño e Sil (climatoloxía transición Atlántica-Mediterránea).
Os patróns e variedades enxertadas son preferentes para o seu estudo e experimentación; as conclusións serían de interese xeral para os viticultores e adegueiros de Sober e para toda a D. de Orixe.
É un lugar idóneo co seu entorno (catamarán, muiños, castro, plantación de cerdeiras, paisaxe, etc.) para converterse nun CENTRO DE INTERPRETACIÓN vitícola, medio ambiental, cultural-etnográfico e arqueolóxico.
Desde o punto de vista técnico, a plantación está nunha situación de abandono.
Por todo isto, cremos que o Pleno debe acordar que:

1. Como medida de urxencia contratar o servizo de recuperación da viña entre o día de hoxe e a vendima.
2. Elaboración e sinatura dun CONVENIO entre o Concello de Sober, D.O. Ribeira Sacra, Consellaría de Medio Rural e EVEGA, que desenvolva un proxecto de investigación, que teña como base a Memoria da Finca Experimental de Os Chancís.
3. A Alcaldesa dirixirase ó Con. Regulador da D.O. Ribeira Sacra, á Con. de Medio Rural e á EVEGA, co fin de continuar os trámites que leven a posta en marcha deste convenio, que definitivamente incrementen o valor do entorno de Os Chancís e Xabrega.

A Moción foi APROBADA por todos os grupos incluíndo no Convenio á Deputación (propietaria da finca) e á Misión Biolóxica de Galicia.

Sem comentários: