MOCIÓNS E PREGUNTAS (OUTONO 07)

MOCIÓNS

- Moción para que o Concello solicite INFORME DE SANIDADE para a traída de auga das parroquias de Canaval, Arroxo, Refoxo e Proendos. No expediente da traída consultado en Maio na delegación da Confederación Hidrográfica do Norte en Lugo non consta informe da Consellería de Sanidade.

- Moción para que se faga unha aproximación da traída de auga a Corbelle, pois a traída pasa moi cerca deste lugar e os seus habitantes solicitaron a aproximación, ademáis de para ter auga na casa, para o desenvolvemento de actividades tan importantes coma un taller de oleiría e unha adega.

PREGUNTAS
- Preguntas sobre a situación de non contar en Sober co servizo de recollida de grandes residuos.

· ¿Qué relación se observa entre este feito de non funcionar a Isleta Ecolóxica e a proliferación de vertedoiros incontrolados?
· ¿Por que no taboleiro de anuncios do Concello de Sober aparece un cartel co texto: “Punto Limpo. As Lamas (Monforte). Horario…”, se os responsables políticos de Sober saben que constando este servizo en Sober non se pode facer uso del noutros concellos?
· ¿Quen é o encargado do Punto de recollida de residuos de Canaval?
· ¿Funciona o servizo de recollida selectiva?
- Preguntas sobre as causas de non ter a traída de auga do Concello de Sober informe de Sanidade sobre canto custa ó mes bombear a auga do Cabe hasta Proendos e o custo total do funcionamento da traída. Tamén preguntamos se a traída de auga das minas de Freixo conta con informe de Sanidade.
- Preguntas sobre a piscina. ¿Canto custa o seu mantemento cada mes? ¿Cal foi o custo total das obras? Chamamos a atención sobre varias carencias en canto ós servizos: non hai luz, nin auga quente, nin baldosas antideslizantes nas duchas... ¿Arranxaranse para o ano que vén? Se tanto se presumía (medios de comunicación incluídos) de ter as mellores instalacións da zona Sur...

* Proximamente disporemos dun sistema que nos permita colgar as mocións e preguntas en PDF.

4 comentários:

OS DE ACÓ disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
undeSober disse...

¿Qué pasa coa comarcalización do Parque de Bombeiros?.¿Vai pagar o Concello de Sober, imaxino que 5000 euros, xa que argumenta que non ten ingresos, para ter o servizo de bombeiros hoxendía só mantido polo Concello de Monforte, ou intentará entorpecer o acordo suscrito coa Diputación?. Son 5000 euros, ¿en qué gastan os cartos?, en administrativos que non se necesitan?.

cabreadodeCanaval disse...

Estou ata os mismísimos desa tía, primeiro a tomadura de pelo da festa anos 60 ou algo así que consistiu nunha pancetada do Miguel de Bulso servida polo leiteiro, qué terá que ver o touciño coa velocidade, e agora o da auga, e van... cantas tomaduras de pelo nesta parroquia!, esto non é serio!.

OS DE ACÓ disse...

Hoxe mesmo, 30 de outubro de 2007, presentamos unha solicitude para que a Alcaldía inicie os trámites para levar a cabo a moción do BNG aprobada por unanimidade sobre a Xabrega, unha pregunta sobre que obra se solicitou a Medio Rural para o 2008 no marco do Plan de Infraestructuras e unha solicitude de consulta de varias facturas aprobadas nas últimas comisións de goberno.