
Unha representación do BNG de Sober reunímonos hoxe, contra as 10 da mañá, na capital da provincia co Delegado da Consellaría de Medio Rural en Lugo, Emilio López Pérez.
O obxectivo desta visita foi expresarlle ó Delegado as que, a xuizo do BNG de Sober son as necesidades prioritarias do noso Concello en materia de desenvolvemento rural.
Transmitímoslle ó noso compañeiro Emilio varias ideas básicas, que ampliaremos nun dossier que enviaremos nestes días á Delegación de Medio Rural, estando este a disposición de todos os veciños.
- Prioridade absoluta da extensión a toda a poboación de abastecemento de auga de calidade e de redes de saneamento. Vixianza periódica da calidade da auga.
- Ordenación do monte e dos usos do chan, controlando a plantación de especies foráneas que causan risco de incendios pola proximidade ós núcleos (piñeiros) e problemas respiratorios (choupos).
- Limpeza e desbroce de camiños.
- Eliminación dos vertedoiros incontrolados.
- Trazado racional de pistas e accesos a explotacións, primando o interese xeral sobre os particulares.
- Mellora das condicións de traballo na ribeira.
- Apoio ós pequenos productores.
A Consellaría de Medio Rural está a apostar precisamente por dotar das infraestructuras básicas a aqueles núcleos desfavorecidos. En Sober, a Consellaría de Medio Rural, desde o 2005 fixo convecios co Concello para financiar traídas e abastecementos de auga e apoia a instalación de elevadores eléctricos nas viñas e a apertura de pistas e accesos na ribeira.
Durante 16 anos de goberno na Xunta, na Deputación e no Concello o PP foi incapaz de extender o alacantarillado e o abastecemento a todos os núcleos. E, isto non foi por falta de fondos, se non por unha política errática, mixtura de despilfarro, megalomanía e intereses particulares.
Compréndese cunha simple comparación:
PP
Algunhas obras caras e inútiles en 16 anos. (Datos aproximados).
200.000 €
PISCINA INACABADA, situada nun lugar onde escasea a auga.
Texto do BOP, 7 de 2005: La Junta de Gobierno Local en la sesión celebrada el pasado día 28 de febrero, prestó aprobación al proyecto técnico de la obra "Terminación de vestuarios y piscinas municipales en Sober", redactada por la Sra. arquitecta Dª Carmen Rodríguez Geada y con presupuesto de ejecución por contrato de 199.778,34 euros, el cual permanecerá expuesto al público en estas oficinas por el plazo de los quince días siguientes a la publicación de este edicto en el B.O.P a efectos de examen y reclamaciones.
Millóns e millóns de pesetas EMBARCADOIRO DOS CHANCÍS Feito cortando o curso dunha fervenza e sen que poida ser empregado cando sube o nivel da auga. As empinadísimas escaleiras de acceso inúndanse cas cheas.
CONSELLARÍA DO MEDIO RURAL 2 anos Presuposto comprometido
164.650 € ABASTECEMENTO E SANEAMENTO EN MORADELA; SANEAMENTO EN MATAMÁ
65.000 € SANEAMENTO EN VILAESCURA Convenio asinado hoxe mesmo polo Concello de Sober.
¿Cantas traídas de auga e alcantarillado se terían feito cos cartos enterrados nunha piscina que non funciona despois de 10 anos e nun embarcadoiro problemático que é un atentado contra o Medio Ambiente ?
Se o PP puxese como prioridade o benestar dos veciños, hai anos que teríamos todos auga e alcantarillado, pero o PP de Galicia tivo sempre outros intereses...
2 comentários:
Tamén nos reunímos co Delegado De Innovación, Industria e Turismo.
Tamén lle transmitiremos ó Delegado de Medio Rural a necesidade de colaborar cas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
Enviar um comentário