CHARLA - SECTOR AGROGANDEIRO

O grupo do Bloque Nacionalista Galego de Sober ten o pracer de convidalo a unha charla informativa sobre:

O sector agrogandeiro:
potencialidades en Sober e políticas da Consellería do Medio Rural.



Contaremos ca presenza de Antonio Oca Fernández, Director Xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural.
Consideramos a charla de especial interese para adegueiros, viñateiros, gandeiros e outros productores, xa que Antonio Oca é o responsable da proposta e desenvolvemento das directrices de política agraria da Consellaría do Medio Rural en materia de ordenación, fomento e mellora da produción agrogandeira, de protección da sanidade animal e vexetal, de formación, promoción e fomento do asociacionismo agrogandeiro, de industrias agroalimentarias, e de promoción e defensa da calidade dos produtos agroalimentarios galegos e recoñecemento e vixilancia das denominacións de calidade.


Despois da charla, abrirase un turno de palabra no que os interesados l
le poden plantexar o Director Xeral calquera dúbida acerca das políticas do seu departamento: axudas para xente nova que se quere incorporar á actividade agrogandeira, axudas para a mellora da calidade do gando ou dos productos agrícolas, etc.

* Ó remate, tomaremos un viño e outros productos de Sober.


Antonio Oca Fernández
Nado na Rigueira, Lugo, en 1943.Pertence á Escola de Profesores de Capacitación Agraria da Xunta de Galiza. Dende 1967 é funcionario do Servizo de Extensión Agraria, e desenvolve súa actividade na Axencia Comarcal de Ribadeo ata o ano 1986, xefe provincial do Servizo Nacional de Produción Agraria, dependente do Ministerio de Agricultura e Alimentación, en Ourense. A finais de 1987 nomeado subdirector xeral de Extensión e Capacitación Agraria ata febreiro de 1990. Dende entón desenvolve a súa actividade profesional no Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria (CFITAGA) nos Servizos Centrais da Consallería. É membro do Consello Nacional do BNG dende 1992. Foi responsable da Comisión de Agricultura desta formación durante varios anos, dende 1994 ata 2004.

Sem comentários: