PLENOS XANEIRO-SETEMBRO 2009

PLENO – 19 – XANEIRO – 2009
Sesión extraordinaria.
Renuncia de Raquel Arias ao cargo de Alcaldesa do Concello de Sober pola imposibilidade de compatibilizar este co de candidata ás eleccións ao Parlamento de Galicia. Non renuncia ao cargo de concelleira.

PLENO – 29 – XANEIRO – 2009
Sesión extraordinaria.
Elección de novo Alcalde. José Gómez é elixido Alcalde de Sober cos 8 votos do Partido Popular.

PLENO – 31 – XANEIRO – 2009
Sesión ordinaria.
Sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 1 de Marzo de 2009.
O BNG formula dous rogos á Alcaldía:
1. Que dende o Concello se poñan os medios axeitados para limpar os vertedoiros incontrolados (ver "Os mil e un vertedoiros do Concello de Sober").
2. Que se arranxen os postes da luz que, debido ao pasado temporal, están a caer.

PLENO – 11 – FEBREIRO – 2009
Sesión extraordinaria.
Repetición do sorteo de dous suplentes en dúas mesas electorais.

PLENO – 13 – MARZO – 2009
Sesión ordinaria.
Aprobación da conta xeral de 2007, cos votos a favor do PP e a abstención dos grupos da oposición.
Aprobación das dietas dos concelleiros sen adicación exclusiva nin parcial por asistencia a órganos colexiados:
- 120 € por asistencia ás sesións da Xunta de Goberno (asisten o Alcalde e os tres Tenentes de Alcalde; as sesións ordinarias son dúas ao mes). - 100 € por Plenos e Comisións Informativas do Pleno. - O Alcalde cobrará 725 € por asistencia ás sesións dos órganos colexiados, e non poderá cobrar máis que dúas asistencias ao mes (as dúas das Xuntas de Goberno), é dicir, 1450 € ao mes.
O BNG formula a seguinte pregunta:
- ¿Que espazo acota un sinal feito a man que limita o paso a 30 km hora en Rosende?
Alfonso Campos Pérez formula a seguinte solicitude de melloras turísticas (ver aquí).
Xesús Verao Pérez roga que se corrixan as deturpacións nos nomes dos miradoiros e lugares, algo desfeito dende os despachos.

PLENO – 12 – Maio – 2009
Sesión extraordinaria.
Sorteo de membros de mesas electorais para as eleccións ao Parlamento Europeo 2009.
Renuncia ao cargo de concelleira de Raquel Arias Rodríguez.

PLENO – 30 – Maio – 2009
Sesión ordinaria.
Toma de posesión do cargo de nova concelleira de Ángeles Illanes Pérez.
Recoñecemento extraxudicial de créditos: o Concello acometeu no exercicio orzamentario de 2008 determinados gastos para os que non había consignación orzamentaria, polo cal estes se inclúen no Orzamento de 2009. O BNG manifestou que houbo falta de previsión por parte do goberno local.
Aprobación da Ordenanza Municipal de Axuda a Domicilio (consultar o BOP nº 177).

PLENO – 30 – Xuño – 2009
Sesión extraordinaria.
Aprobación do Orzamento Xeral para 2009, cos votos a favor dos concelleiros do PP e os votos en contra da oposición.

Os Orzamentos Xerais do Concello de Sober para o ano 2009 ascenden a 2.412.527,02 €. [Aumentaron en 738.864,84 € con respecto a 2008; un 44% máis, aumento debido ao FEIL]. - Presuposto de INGRESOS. O maior volume de ingresos provén, coma o ano pasado, do capítulo de TRANSFERENCIAS CORRENTES (1.041.014,02 € - 43% aprox.). Como xa dixemos o ano pasado, a importancia das transferencias de outras entidades evidencia a falta de autofinanciamento das entidades locais [en Sober esto evidénciase na necesidade de recurrir a créditos para afrontar gastos habituais, coma o aprobado no último pleno] e a necesidade de reformar o actual sistema municipal (que prima ás cidades grandes), contemplando na financiación dos concellos variables coma a dispersión poboacional do noso país, o avellentamento ou a extensión territorial do municipio. As OPERACIÓNS DE CAPITAL aumentan dende os 244.483,94 € de 2008 ós 807.157 € de 2009, correspondendo este aumento, sobre todo, o aumento das transferencias de capital do Estado, que en 2009 ascenden a 557.250 € (FEIL). A recadación do imposto sobre actividades económicas reduciuse dende os 40.200 € de 2008 ós 5.200 € de 2009. - Presuposto de GASTOS. O maior volume de gastos absórveo o capítulo de PERSOAL (50% de gastos do Concello), que aumenta con respecto a 2008. Os gastos correspondentes a ALTOS CARGOS aumentan dende 17.373,84 € a 45.000 €.

PLENO – 13 – AGOSTO – 2009
Sesión ordinaria.
Toma de poseseión do cargo de nova concelleira de Mª Carmen Agrelo Vázquez.
O PP pervirte o espíritu democrático do Pleno aplazando mocións, rogos e preguntas presentadas en tempo e forma pola Oposición (ver aquí).

PLENO – 30 – SETEMBRO – 2009
Sesión ordinaria.
Mocións do BNG.
- Pola gratuidade dos libros de texto (aquí).
- Polo mantemento do proxecto de extensión da banda larga mediante tecnoloxía WIMAX no sur de Lugo (aquí).

ACORDOS NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
* Aprobación dun convenio ca Deputación Provincial de Lugo para a subvención por parte desta administración dos gastos derivados das actuacións do Fondo Especial do Estado.
* Aprobación das obras a financiar con cargo ao FEIL (ver aquí).
* Mellora da rede viaria en: Sobreira, Sante, Igrexa de Bulso, Lamas de Abaixo, Pipín, Outeiro, Viladime, Gandarela, Viloudriz, Vilamaior, Figueiroá, Rosende, Xuncal e Cuñas de Abaixo.

Sem comentários: