ENSINO PÚBLICO, EN GALEGO E DE CALIDADE

O BNG de Sober presenta unha moción para instar á Xunta de Galicia a manter a gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio para o vindeiro curso académico.
O Partido Popular anunciou que suprimirá o sistema de préstamo gratuito de libros escolares, sustituíndoo por axudas directas para a adquisición de material que son moi reducidas.
O PP disfraza a medida de “progresista”, alegando que pagarán os libros as familias que poidan permitirse ese gasto, pero o certo é que a maioría das familias van ter que afrontar gastos moi elevados no material escolar; só as familias por debaixo do umbral da pobreza terán dereito ao 100% das axudas.
O ensino básico é obrigatorio e gratuito, logo o material didáctico tamén debería ser gratuito para tod@s. Trátase de xustiza e igualdade, non de caridade. A medida que favorecería á maioría social sería aplicar impostos progresivos segundo a renda, algo que o PP non está disposto a levar a cabo.
AS MEDIDAS DO PP CONTRA O ENSINO PÚBLICO
Coas primeiras medidas de goberno, o PP amosa que non lle interesa o ensino galego de calidade e busca a súa privatización: eliminación da gratuidade dos libros, supresión das axudas aos movementos de renovación pedagóxica, incremento de agrupamentos de alumnado de diferentes niveis educativos, falla de medidas para mellorar o ensino no rural, eliminación dos contidos de carácter galego na FP ou imposición dun modelo educativo que non garante que os estudantes teñan competencia en galego ao rematar os estudos.

EXEMPLOS PRÁCTICOS - AXUDAS POR TIPO DE FAMILIA
*** Familia monoparental, cun fillo/a e ingresos de 1.300 euros mensuais.
Ingresos familiares: 1.300 euros x 14 pagas = 18.200 euros anuais
Membros unidade familiar = 2
Ingresos anuais por persoa = 18.200 euros / 2 = 9.100 euros
NON ten dereito a ningún tipo de axuda.
*** Familia monoparental, cun fillo/a e 1,5 veces o Salario Mínimo Interprofesional.
Ingresos familiares: 7.381,33 euros x 1.5 = 11.072 euros anuais
Membros unidade familiar = 2
Ingresos anuais por persoa = 11.072 euros / 2 = 5.536 euros
Só ten dereito ao 50 % de axuda.
*** Familia mileurista cun fillo/a.
Ingresos pai: 1.000 euros brutos mensuais
Ingresos nai: 1.000 euros brutos mensuais
Ingresos familiares: 2.000 euros x 14 pagas = 28.000 euros anuais
Membros unidade familiar = 3
Ingresos anuais por persoa = 28.000 euros / 3 = 9.333 euros
NON ten dereito a ningún tipo de axuda.
*** Familias por debaixo do umbral de pobreza
7.203,3 euros por persoa. Non está publicado o dato para 2009, pero, seguindo a tendencia dos anos anteriores, poderiamos estimalo en 7.926 euros anuais aproximadamente.
Familias con ingresos anuais por persoa entre 5.400 euros e 7.926, só terían dereito ao 50 % da axuda.
*** Familias con salario medio
1.496 euros mensuais (Galicia).
Familias monoparentais cun fillo/a e con ingresos correspondentes ao salario medio NON terían dereito a ningún tipo de axuda.
Ingresos familiares: 1.496,2 euros x 14 pagas = 20.947 euros anuais
Membros unidade familiar = 2 (Con dous fillos/as: só 50% da axuda).
Ingresos anuais por persoa = 20.947 euros / 2 = 10.473 euros
Se a familia estivese composta por dous adultos con ingresos medios (1.496 euros/ brutos mes), tería que ter tres fillos/as para ter dereito ao 50 %, e só no caso de que tivese 6 fillos/as teria dereito ao 100 % da axuda.

Sem comentários: