TEMOS DEREITO A FACER OPOSICIÓN

O PP de Sober pervirte o espíritu democrático do Pleno aprazando mocións, rogos e preguntas presentadas en tempo e forma pola Oposición. Ademáis, a Alcaldía non aceptou incluír na orde do día do Pleno de hoxe unha Moción do BNG sobre a anulación por parte da Xunta de Galiza da instalación da rede WIMAX.

O BNG de Sober presentara no rexistro do Concello do 7 de Xullo pasado unha Moción para instar á Xunta de Galiza a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico, pero esta Moción non se puido debater porque a Alcaldía decidiu adiar, sen dar explicacións convincentes, todas as Mocións, Preguntas e Rogos presentados en tempo e forma pola Oposición ata o vindeiro Pleno.


Ademáis, no Pleno de hoxe, Alfonso Campos Pérez, voceiro do BNG, sinalou que quería presentar unha Moción para instar á Xunta de Galicia a manter a extensión da rede de banda larga no sur de Lugo, cumprindo ca empresa adxudicataria os termos do contrato, é dicir, poñendo a disposición da empresa as infraestruturas comprometidas para instalar as antenas WIMAX e que se lle fixe un prazo curto, que non vaia máis alá de setembro, para a posta en servizo de internet e teléfono aos prezos convidos, isto é: 30 € como máximo por unha conexión normal, 55 € como máximo por 6 MG, e servizo telefónico por 18 € ao mes. A Alcaldía non aceptou que se debatese hoxe ningunha Moción, a pesar de tratar a do BNG sobre un asunto tan importante e urxente como é a posibilidade de ter un bo servizo de banda larga nesta zona, servizo imprescindíbel para os empresarios do rural, as mozas e mozos, o turismo a cidadanía en xeral e particularmente para os maiores, aos que doutro xeito é imposíbel darlles un unha atención por teleasistencia que precisan de xeito perentorio.

Ante a intransixencia do PP, o voceiro do BNG de Sober esixiu que a partir de agora se atendan ao día as iniciativas da Oposición, pois é fundamental para garantir o control democrático do Goberno, labor para a que a cidadanía nos elixiu. O BNG considera que é unha fraude aos votantes convertir os Plenos en puro trámite.

3 comentários:

Anónimo disse...

Non sei que esperabades.

BNG SOBER disse...

Xa, era o esperado, pero non podemos deixar que deixen de sublevarnos os modos antidemocráticos do PP de Sober (antes e agora): agora non se debate; antes aprobábanse cousas no Pleno que non se cumplían (¿onde está a regulación do uso da Casa da Cultura, por exemplo?).
Bah...

Anónimo disse...

100 días gloriosos do PP:destrucción a decreto limpo coma nas mellores dictaduras
-Derrogación do decreto no ensino, a falsa enquisa aos pais.
-supresión dos delegados, coa nova estutura da xunta non se aforra un peso.
-Venda do audi blindado comprado por 480.000 € , véndese por 200.000, menudo aforro,os 23 comprados por Fraga e Feijoo tamén os vende ou cambia por ambulancias ou similares, pero a xente cre que os comprou o anterior goberno.
-suspensión do decreto eólico, de momento non puideron derrogalo.
-Opacidade no nº de incendios,non darán información, terémolos que ver para crer que houbo ou hai un incendio, a Xunta dirá que son virtuais.
-Normas do habitat en maos dos alcaldes o leiteiro protexendo o Medio Ambiente.
-Plan acuícula ó carallo, viva pescanova que ofreceo o ouro e o mouro ós portugueses e só creou unha miseria de postos de traballo.
-Os libros, antes gratuítos, agora hai que pagalos, mentres renovan o concerto os centros do OPUS que segregan ó alumnado.
-Quen teña unha operación pendente e sinalada pola tarde que se foda, xa o operarán cando a conselleira do ramo lle salga dos ovarios.
Qué pasa cos hospitais de Lugo e Vigo, paralisados.
-2.200.000 € para Microsoft e o software libre e gratuito o carallo.
100 días propios dun réxime feixista ou dunha dictadura bananera ou asiática.
É cansino seguir con tanta desgraza en tan pouco tempo.