O IDIOMA É A CHAVE

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
máxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo é morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María

6 comentários:

Anónimo disse...

A fichaxe estrela por Ourense Carrera rematou a carreira política por non pagar impostos dunha comisión cabrada a través das illas Caimán, veremos si a outra fichaxe de Feijoo por Lugo lle segue a dar disgustos ó PP.

Anónimo disse...

Pablo Crespo Sabarís , ex secretario de Organización do PP nos anos 90, de 1996 a 1999,ex diputado autonómico do PP por Pontevedra ata 1998,detido por corrupción urbanística e por cobro de conmisións ilegais por orde do xuiz Baltasar Garzón, el e outros catro.

Anónimo disse...

DEREITOS LINGÜÍSTICOS.- A Mesa cualifica a de hoxe como unha ‘manifestación do odio e a intolerancia, tristemente apoiada polo PP’

[08/02/2009]
“O PP consumou hoxe unha traizón aos seus votantes que falan en galego”

“A excepción do PP, que foi quen mobilizou, todas as entidades que secundaban a marcha son foráneas ou socialmente residuais”


A Mesa pola Normalización Lingüística valorou a manifestación realizada hoxe en Santiago de Compostela como “un fracaso para a convivencia de todos os galegos e de todas as galegas” e lamentou que se trate “dunha mobilización non para que se garantan dereitos, senón para retirarllos a outros e que se desampare totalmente a quen queira falar e vivir na lingua propia de Galiza”. Este colectivo cualificouna como unha “marcha do odio, a intolerancia e o racismo lingüístico”.

Para a maior asociación cultural galega é especialmente preocupante o apoio do PP a esta marcha, “a única entidade de relevo que a secundou e a que de verdade mobilizou a xente co seu toque de corneta, pois o resto dos respaldos son de organizacións non galegas, que descoñecen a nosa realidade, ou que son socialmente marxinais”. Entre estas entidades, A Mesa chama a atención ao apoios explícitos da extrema dereita, como a Falange Auténtica e ao comunicado da AVT no que se equiparou a defensa do galego coa coacción e a exaltación a ETA.

Para A Mesa, a actitude do PP protagonizando esta “marcha do odio” e chamando a participar na mesma “consuma unha traizón aos seus milleiros de tradicionais votantes que falan en galego”.

Esta asociación lembra tamén “a hipocrisía de que o PP se manifeste contra normas que aprobaron eles durante os seus gobernos, como a Lei de normalización lingüística, o Plan Xeral de normalización da lingua galega ou a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias”.

A respecto dos obxectivos formulados na convocatoria, A Mesa considéraos “predemocráticos” e lembra que nin a Constitución española nin o Estatuto de Galiza amparan o “ disparatado dereito á ignorancia do galego” que algúns defenden e sinala que “pretender evitar que os nenos e as nenas tamén aprendan en galego suporía unha fractura social”.

Pola contra, desde A Mesa manifestan a súa “defensa da igualdade xurídica e social do castelán, a lingua oficial do Estado, co galego, a lingua natural de Galiza” e conclúen: “Quen honestamente diga defender o bilingüismo, debería apoiar o idioma que está discriminado e non saír en manifestacións para que se machaque aínda máis.”

Anónimo disse...

Un blindado de 591.624 euros
El Ayuntamiento de Madrid guardó silencio mientras, en Santiago, el líder del PP gallego, Alberto Núñez Feijóo, se lanzaba hace una semana –y todavía no ha escampado– al degüello contra Touriño por gastar 480.000 euros del erario autonómico en el alquiler de un Audi A8 blindado, detalle en absoluto baladí porque el blindaje dispara el precio. Ayer, Público confirmó que el coche de Gallardón, otro Audi A8 igualmente lujoso, potente y blindado, costó aún más que el de Touriño: 591.624 euros por el arrendamiento del vehículo entre 2008 y 2012.

Esto é a doble moral do PP, 591.624 euros ¡¡¡¡polo aluguer do coche do alcalde de Madrid de 2008 a 2012, que nin pasará a ser propiedade da comunidade de Madrid por ser de aluguer, a Gallardón non lle di nada, a Touriño póñeno de dispalfarrador por ter un coche BLINDADO propiedade da Xunta de Galicia que costou 250.000 euros, e o difamador Feijoo ten o rostro de decir que é mais caro que o de Obama do que din que costou 330.000 euros.
¡Calumnia que algo queda¡591.624 euros polo aluguer do coche de Gallardon, alcalde de Madrid, nin presidente do Goberno, nin presidente dunha autonomía.

Un que se informa e non cre en falacias.

Anónimo disse...

Pablo Crespo enchironado era un cargo de confianza ata o ano 2005 en Portos de Galicia cando Negreira cabeza de lista pola Coruña era presidente do ente e Nuñez Feijoo conselleiro de Política Territorial, e cesouno ese ano a conselleira María José Caride cando cambiou o goberno da Xunta.
Ambolosdous dixeron pouco menos que non o coñecian, mais a verdade e a documentación nona poden cambiar.Xa se verá o que da de si a relación de Negreira co Crespo enchironado, a merda de Madrid traspasada a Galicia.

Anónimo disse...

A UNESCO saca o galego das linguas ameazadas, quédanos o PP, Núñez Feijoo, Raquel Arias de Sober e Galicia Bilingue para facelo desaparecer de Galicia se poideran.