NON PODE SER!!!

Temo moito que se me deixo levar polo xenio e este xornal ten a ben publicar estas liñas, a xente me poida sinalar pola rúa, dicíndome: ¡inocente, inocente! Imos, logo, a tomalo como o que é, un exercicio de humor co que, con cartos públicos, o PDT do Consorcio Turístico Ribeira Sacra nos agasalla na súa web co fin de paliar estes tempos de crise. Invito aos lectores a cliquear no icono de Sober (valeríame calquera outro concello da Ribeira Sacra) e, nada, a desfrutar. Entre outras cousas enterarémonos de que merece a pena visitar as adegas tradicionais da Casa Reitoral de Amandi e a alfarería tradicional e industria do cobre O Forno do Alfareiro de Gundivós; de que nas parroquias de Canaval, Sober e Gundivós aínda hoxe continúan a súa labor algunhas empresas adicadas á producción tradicional de tella e ladrillo e industrias adicadas ó traballo do cobre co que se dá forma a moitos dos alambiques e alquitaras onde se preparan as deliciosas cañas coas que nos poñemos cegos – engado eu. Enterarémonos de que podemos visitar os santuarios da Virxe de Cadeiras, o de Pinol, e o de San Pedro e o de Amandi, situados, coma miradoiros privilexiados, nos outos da ribeira. Despois de unha ilustrada exposición histórica, enterarémonos, ¡ollo!, de que en Proendos poderemos admirar parte do muro que rodeaba a cidade de Proencia, así como restos de casas, especialmente algunhas de planta circular de gran diámetro e de que - esto sí que é bo – se espolvoreaban as pezas da cerámica de Gundivós con po de peixe que, ao lume, lle dá un acabado negro brillante e lle confire un sabor especial ás bebidas. E todo esto, non nun voluminoso libro papel biblia, non, todo esto en apenas unha folliña electrónica de nada. ¡Noraboa! Como titulaba El Jueves a raíz dos rumores sobre a relación dun ínclito presidente do goberno e unha famosa actriz española: ¡¡¡NO PUEDE SER!!!

ALFONSO CAMPOS PÉREZ, voceiro municipal do BNG.

Febreiro de 2009.
_____________

Xa sabedes. Se queredes rir un cacho: visitade http://www.ribeirasacra.org/turismo/ga/web/index.php, picade no apartado QUE VER, en calquera Concello, e lede un pouco procurando non atragantarvos con tanta burrada unha tras outra*.

¡¡¡UNHA BURLA A TODA A XENTE DA RIBEIRA SACRA!!!
Con cartos públicos.

Difúndeo.
* Que conste que non nos estamos a meter con ningún traballador, senon cos responsables políticos de tal desaguisado, no caso de Sober, co representante do Concello no Consorcio, por permitir este despropósito.

3 comentários:

Anónimo disse...

O mellor de todo son as pezas espolvoreadas con po de peixe, hilarante, si señor, pobre alfarería de Gundivos.

Anónimo disse...

Imaxino a Feijoo preguntando polo po de peixe das xerras que lle da sabor o viño igual que preguntou porque as vacas tiñan nome de muller, o señoriiiiiiiiito dos Peares que nos quere gobernar.Acordádesvos de cando apareceu con pantalon branco de Armani cunha mangueiriña facendo que apagaba un incendio. Patetico.

Anónimo disse...

Xa que a Raquel saíu na foto do Progreso cos rabos e follaxe varia na man,esto sería para demostrar o traballadora da terra que é , será capaz de explicarlle o próximo presidente porque as vacas teñen nome feminino.Apañados van os labregos con semellantes persoaxes.A antedita foto parecia unha burla para as mulleres traballadoras do campo.