SOBER: O CONCELLO MÁIS ENVELLECIDO DO ESTADO

Sober é un dos lugares máis envellecidos do mundo.
No 2006, Sober contaba cun censo de 2.895 persoas, das cales 1.409 tiñan máis de 65 anos; é dicir: un 48 %.
¡A metade dos habitantes de Sober superan a idade de xubilación!
As persoas entre 16 e 64 anos eran 1.415 e os menores de 15 só 148.
Isto é o resultado de moitos anos de escasos nacementos (ano 2005: só 3 bebés) e de emigración de xente moza a outros lugares onde hai traballo (no 2005 marcharon 102 persoas); mentres tanto, supéranse as 60 mortes por ano e só se censan no Concello menos persoas das que emigran. Así, Sober perde moitos habitantes ano a ano. ¡Só no 2005 perdemos 80 habitantes!
E sobre a xente que quedamos en Sober os datos económicos son pesimistas. O paro é elevado, un 15%, e só 31 de cada 100 persoas se atopa no mercado laboral. Isto significa, para entendelo, que o salario de 31 persoas ten que chegar para manter a 69 persoas máis (nenos-anciáns-desempregados).
Tamén están as pensións, fonte principal de ingresos do Concello, pero son tan reducidas que non bastan para manter un bo nivel de vida de todos os cidadáns. De feito, a renda media en Sober é, máis ou menos, de 8.000 € por habitante ó ano, cifra moi reducida comparada ca media do Estado (17.400 €). A nosa renda seméllase a estados coma Costa Rica (7.500 €) ou Polonia (8.850 €).
¿Como chegamos a esta situación?
Nin a entrada na UE, nin a política do PP durante tantos anos no Concello e na Xunta, ca súa pésima xestión e reparto partidista de tantas axudas europeas como houbo, nin a tan cacarexada solidariedade do Estado cas rexións desfavorecidas nos sacaron de pobres. Beneficiouse o sector do viño pero, convén preguntarse se este despegue económico alcanzou a toda a poboación. Ademáis, actividades productivas que antes deixaban riqueza en Sober (venda de leite e carne, augardente…) víronse drásticamente reducidas pola aplicación dos criterios do mal entendido Progreso.
As forzas políticas do municipio debemos poñer no centro do debate e da acción política a dramática situación socioeconómica.
O BNG xa abriu o debate no seu primeiro voceiro en marzo; retomámolo agora que somos famosos e saimos na TV pola dudosa honra de estar a desaparecer.

* Este é o artigo de portada do voceiro Bloque nº 3, que xa se está a distribuír por todos os fogares de Sober.
Ademáis, contén novas sobre os Plenos deste ano 2007, o Orzamento, as Mocións do BNG, a traída de auga e máis.

6 comentários:

Anónimo disse...

A megalomanía da alcaldesa levaa a felicitar o Nadal con unha tarxeta-foto dela e a ínclita súa, diante do pastel formato tarta, so falta o cazo, e a pa, para completar o panorama, por suposto, a devandita foto pagámola todos, nin asina en nome da Corporación, nin do Concello, so ela e e sempre ela.
Como se lle chama a este comportamento?.

Anónimo disse...

E o soldo que gaña!.

Anónimo disse...

Jorquera afirma que tras a depuración de Gallardón Rajoy vaise presentar ás eleccións 'como o candidato títere da ala máis estrema e centralista do PP'

“O PP continúa a súa viaxe cara á dereita dura, o cal deixa en evidencia a un Núñez Feijoo que no pasado tanta devoción mostrou por Gallardón ou Piqué”, asegurou

Santiago de Compostela, 16 Xaneiro 08. O número un do BNG ao Congreso pola Coruña, Francisco Jorquera, valora nestes termos a exclusión de Alberto Ruiz Gallardón das candidaturas electorais do Partido Popular: “Resulta evidente que, tras a depuración de Gallardón, Rajoy se vai apresentar ás eleccións como o candidato títere da ala máis estrema e centralista do PP. Resulta evidente que carece de calquera autonomía á hora de dirixir o partido, que segue controlado por Aznar e pola súa testaferro política, Esperanza Aguirre”.

A xuízo do tamén coordenador executivo do BNG, coa exclusión de Gallardón o PP “continúa a súa viaxa cara á dereita dura, cara a dereita máis intolerante e antinacionalista”. Isto deixaría en evidencia ao seu máximo dirixente en Galiza, Alberto Núñez Feijoo, que “no pasado tanta devoción mostrou por Gallardón ou por Josep Piqué”.

Jorquera valora como “digno” o xesto de Gallardón ao anunciar o seu abandono da política logo de comprobar que non ten o apoio do seu partido. “Rajoy, en cambio, non ten a mesma dignidade ao finxir que dirixe o partido cando en realidade as decisións as toman outros”.

Anónimo disse...

Hoxe enchéuseme un pouco o Ego.
Jo: o PSOE enviou o Trasgo, o Concello enviou o Informe 2007... Síntome partícipe de dinamizar a vida política do meu Concello por comezar a enviar os voceiros do BNG á casa, que se lle vai facer.
Só unha apreciación: o fanzine que envíou o Concello ás casas está feito con cartos de todos e en nome da Corporación, polo tanto, debía permitir un espazo para cada grupo político, proporcional a súa representación. Paréceme demasiado partidista pero, oes, gústame que a xente de Sober reciba información de todos os grupos políticos (de todos os xeitos, o PP podía facer un voceiro cos seus cartos, e non cos do Concello).
Ala. Un saudo para os lectores deste Blog, que de momento é o único espazo na Rede dunha forza política de Sober (¿quen se anima...?).
:)

Anónimo disse...

Parece ser que hai un novo colectivo de mulleres, de mulleres do PP, chamado Mulleres en liberdade, e a súa presidenta vai ser a alcaldesa de Sober, a nosa, vosa Raquel, que por certo, na presentación, quen saiu na foto (como se lle escaparía este detalle, o da foto, a Raquel), foi Barreiro, ou sexa un home, cómo se mancilla a palabra liberdade, vindo de quen ven¡.

Anónimo disse...

E a resposta que deo a Raquel sobre o apagón do outro día, nin que tivera accións na compañía, para chorar!