QUE NON: O PUNTO LIMPO DE SOBER NON FUNCIONA

QUE NON: O PUNTO LIMPO DE SOBER NON FUNCIONA


Ímoslles contar unha historia, se non típica, sintomática, do Concello de Sober: ese que tanto coñecen.

Resulta que o outro día, aproveitando as vacacións, un veciño decidiu facer zafarrancho na casa. Tiña una cantos trastos vellos (colchóns, ferros e outros polo estilo) que estorbaban no garaxe, pero non estaba preocupado.
"Chamo ó Concello - pensou – e véñenos recoller nun pis pas."
Mais, ¡oh, destino cruel!, o Concello de Sober informouno de que non recollían ese tipo de lixo.
"Non hai problema – dixo para sí – levareinos a Monforte".
Alí informárono de que non llos podían recoller porque en Sober figura un Punto Limpo.
Rapidamente, dirixiuse ó Concello de Sober pedir o Libro de Reclamacións:
"¿Qué é iso de ter un Punto Limpo que NON FUNCIONA?";
Amablemente respondéronlle que tal Libro estaba na Piscina, que fose alí pedilo para asinar a Reclamación. (Leron ben, o Libro de Reclamacións estaba na Piscina).
"¡Manda carallo!" – debeu pensar – "¿E que hasta os trámites administrativos se van facer chapoteando na auga?"
E así, queridos lectores, estamos no Concello de Sober: hai Punto Limpo pero non funciona, anúnciase a apertura inminente dunha Lavandería que non se pon en marcha, cántanse as glorias dos Servizos Sociais do Concello mentras se dilapidan fondos destinados a estes en outras cousas, fálase de Área Recreativa de Canaval cando o río nese punto está contaminado e cheira, presúmese de política cultural e a Biblioteca cae a perdazos, os visitantes pérdense cos folletos turísticos do Concello, a maior parte dos núcleos non teñen traída nin saneamento (e millóns houbo para o embarcadoiro dos Chancís, que derramou unha fervenza, e para pistas “particulares” na ribeira)…
Son tantas cousas que teremos que facer un Master deses para adiviñar as chafalladas do PP de Sober.
De momento, preguntarémoslle no Pleno de Setembro as causas de non ter funcionando o Punto Limpo.
Seguiremos a informar.

OS DO BNG DE SOBER

8 comentários:

Anónimo disse...

Os de Monforte estamos fartos de que nos traigan a merda os de Sober porque esa señora non ten un lugar onde se poda levar, que lla leven diante da porta da sua casa, haber si así aprende e dunha vez por todas aprenden os seus votantes para non votala, porque acabaran nadando na merda visto as denuncias que o BNG fai.

Anónimo disse...

Ben, o tono é algo subido pero o asunto é ese: nadaremos na merda.
O outro asunto é o mundo de color no que seica vivimos en Sober (últimamente decatámonos pola prensa que somos "la hostia" en Patrimonio). Temos Punto Limpo, Plan de Desenvolvemento Rural, Política Cultural tope-guay, etc; pero, o caso é que o Punto Limpo non funciona (está Limpo, iso sí), o Concello leva décadas nunha deriva económica da que non é escusa a falta de cartos (últimos 20 anos, con fondos europeos e goberno do PP na Xunta e na todopoderosa Deputación) e da Cultura, incluído a preocupación polo Patrimonio, nin falar.
En fin, sempre nos quedará o chocolate...

Anónimo disse...

¿o libro de Reclamacións na piscina?, esto é delirante, unha tomadura de pelo, que denuncie na Consellería de Medio Ambiente, si eso lle ocurrira os constructores do futuro mega hotel non terían problemas para a recollida,deseguidiña lle enviarian un tractor para recollelo, aínda que fose amarelo;enfin, cidadans de segunda habemus.

Anónimo disse...

Hai que ver que pouco valoran algúns as cousas da casa. Xa quixeran outros ter no seu municipio as posibilidades que brinda Sober. A oferta cultural, que parece ser motivo de mofa para algún, é axeitada e variada para tódalas idades. Insisto, xa quixéramos outros. O Punto Limpo? Non funciona aínda, é certo, pero témolo e iso xa é algo porque, e repito, noutros sitios nin iso hai.
Valoremos na súa xusta medida o que temos, e se algo non funciona como queremos non votemos os cáns, tratemos de ser algo máis constructivos.

Paula Verao disse...

Pero é que ter un Punto Limpo que non funciona é percisamente o que impide que o Concello de Monforte recolla os trastos grandes de Sober...
O BNG é constructivo, como estima que a oferta Cultural é escasa, promove actividades culturais; como cre que o Concello non fai o suficiente para atallar o problema dos vertedoiros, está a facer un inventario, etc.
E que o Concello se vaia acostumando a ter de novo Oposición.
Por outra parte, o BNG, de momento, só estivo "quentando motores" na súa labor de Oposición. Esta vai ser máis dura e firme a partir de Setembro; e, ó mesmo tempo, inda máis constructiva, claro que si.

Anónimo disse...

Quen non valora as cousas da casa é gran parte do PP de Sober e o Goberno Municipal (¿diferéncianse en algo?); a quen só lle importa o Patrimonio se da beneficios inmediatos, por exemplo.
Sen embargo, na prensa, últimamente, presúmese de gran preocupación polo Patrimonio: ¿poderían contarnos, os gobernantes de Sober, cantos castros hai no Concello, cales serían as actuacións prioritarias en materia de recuperación e conservación do Patrimonio arqueolóxico-artístico en función da súa importancia histórica e do seu grao de conservación, poderían darnos un breve apuntamento sobre o Sober romano, poderían trazar as rutas de sendeirismo que se poden aproveitar no Concello, clasificándoas según a dificultade, poderían facer un mapa turístico mellor do que está plantado no parque? Xa que saben tanto de Patrimonio e son tan coidadosos...
Recoñezoo, estou cabreada polo trato de favor da prensa hacia o Concello e a falta de rigor das informacións que se dan sobre él.
Hai que tomalo con moito humor...

Anónimo disse...

Cando entre en funcionamento o Gran Hotel virán os VIP's "con alto poder adquisitivo e alto nivel cultural",alguén do concello dixit, o malo é que si ven Paco El Pocero e outros máis o nivel adquisitivo téñeno pero o cultural está polo chan.

Anónimo disse...

Bravo!.Punto Limpo, non funciona, pero témolo;esto nin o que asou a manteiga.Observas pero non ves.
Tanta desfachatez mete medo.