ASTERIX EN GALEGO

Xa poideramos desfrutar dunha edición no noso idioma das aventuras dos irreductibles galos, e mesmo dunha (moi boa) doblaxe ó galego das películas de animación de Asterix e Obelix nos anos 90.
Desgraciadamente, desde que no Estado español se fixo cargo da edición deste cómic a editorial Salvat-Bruño o galego quedou excluído desta publicación, e os milleiros de lectores desta publicación en Galicia vémonos privados de poder obtela na nosa lingua.
Claro que tamén as podemos desfrutar en portugués, pero a grafía lusa resulta complicada para os cativos.
O BNG demandou a Política Lingüística que se intente mudar a situación, e lembra que diferentes colectivos sociais como a Mesa pola Normalización ou as Ciberirmandades da Fala teñen apresentadas sinaturas perante a editorial; igual que grupos de pais de numerosos centros de ensino.
Unha reflexión liviá para este máis que fresco verán; reflexión que non é ningunha "tontería del Bloque", se non unha pequena demanda, dentro das grandes reivindicacións, dun país que desexa ser normal.

Sem comentários: