PLENO DE ORGANIZACIÓN

O 28 de Xuño celebrouse o Pleno de Organización ca seguinte ORDE DO DÍA:

- Aprobación da acta da última sesión.

- Periodicidade das sesións do Pleno.
* As sesións ordinarias do Pleno do Concello celebraranse os últimos sábados dos meses impares ás 10 da mañá.
PROPOSTA DO BNG: Os Venres ás 8:30 da tarde. (Rexeitada).

- Comisións informativas.
* PROPOSTA DA ALCALDÍA: As Comisións informativas estarán compostas por 7 membros: Alcaldesa (Presidenta), 4 concelleiros do PP, 1 do BNG e 1 do PSOE.
As Comisións serán dúas:
- Especial de Contas e Facenda.
- Asuntos do Pleno.
PROPOSTA DO BNG: A proposta da Alcaldía non mantén a proporción de votos acadados por cada forza política: o PP ten máis do que lle corresponde e o BNG menos. Xa que a Alcaldesa ten un voto de calidade, as Comisións informativas poderían estar compostas por 1 membro de cada forza política máis a Alcaldesa; o PP nunca quedaría en minoría. Xa que a proposta da Alcaldía non é proporcional á representación de cada grupo, consideramos que polo BNG deben estar os 2 reprensentantes.
NOTA: Sospeitamos que o feito de incluír a 4 membros na lista do PP, precisamente ós 4 que non forman parte da Comisión de Goberno, responde só a criterios económicos e de equilibrios políticos internos do PP (compénsase ós non incluídos na Comisión de Goberno ca súa inclusión nas Comisións Informativas.).

- Nomeamento dos representantes do Concello nos órganos colexiados.
A representante do Concello no Consello Escolar do Colexo Virxe do Carme será a concelleira Sonia Fernández Martínez; nos demáis óganos colexiados a representante será a Alcaldesa ou concelleiro no que delegue.

- Proposta da Alcaldía sobre delegacións do Pleno na Xunta de Goberno Local.
A Alcaldía delegou na Comisión de Goberno Local todas as competencias do Pleno que a lei permite.
PROPOSTA DO BNG: Suprimir este punto.
O BNG opúxose a esta proposta por considerar que o Alcalde e a Xunta de Goberno xa teñen moitas atribucións. Para nós é fundamental non concentra o poder; neste caso, non só se lle quitaron competencias ó Pleno para darllas ó PP, senón que, dentro do PP, estas competencias teranas só os catro membros da Xunta de Goberno.
O BNG cre que o poder municipal debe moverse cara a asunción da soberanía polos cidadáns, fomentando a participación destes nos plenos, como contempla a lei.

- Nomeamento de Tenentes de Alcalde, membros da Xunta de Goberno Local e delegacións.
TENENTES DE ALCALDE:
1º - José Gómez Vázquez.
2º - Domingo López Fernández.
3º - Sonia Fernández Martínez.

XUNTA DE GOBERNO LOCAL:
Integrada polos Tenendes de Alcalde.
Celebrará sesión ordinaria os luns das semanas 1ª e 3ª de cada mes ás 10 horas na Casa do Concello.

CONCELLALÍAS:
- José Gómez Vázquez - Obras e Servicios.
- Carmen Álvarez Páramo - Muller, Familia e Benestar Social.
- Domingo López Fernández - Alumeados e Agroforestal.
- José Antonio Arias Pérez - Vivenda e Urbanismo.
- Manuel Álvarez Pérez - Deportes
- Antonio González Fernández - Sanidade
- Sonia Fernández Martínez - Emprego, Medioambiente, Educación e Mocidade.
Estas delegacións comprenderán a dirección interna e xestión do servicio correspondente pero non a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros, que competerán á Alcaldía.
A Alcaldía, ademáis das funcións propias levará directamente as áreas de Cultura, Turismo e Benestar Social.

- Proposta da Alcaldía sobre retribucións e indemnizacións a cargos electivos da Corporación, subvencións a grupos municipais e persoal eventual.
· Alcaldesa - Adicación Exclusiva: 2.430 € brutos ó mes.
Anualmente aplicaráselle o incremento do IPC. A retribución anual será de 14 pagas (34.020 € brutos ó ano).

· Subvencións ós Grupos Municipais: 20 € mensuais por grupo e 60 € mensuais por concelleiro electo.
Supón ó mes: PP - 500 € / BNG - 140 € / PSOE - 80 €
PROPOSTA DO BNG: O financiamento do grupo como tal debería ser maior que o percibido individualmente por cada concelleiro. Tendo en conta que o PP está a gobernar, e os seus concelleiros xa cobran por asistencia a Comisións de Goberno, Informativas (van todos os que non están na Xunta de Goberno) e Dietas parécenos excesiva a diferencia entre o PP e os outros grupos.
Propuxemos que cada grupo cobre 90 € mensuais e cada concelleiro 30 €. Isto suporía ó mes: PP - 330 € / BNG - 150 € / PSOE - 120 €. Rexeitada.

· Dietas (membros da Corporación municipal):
- Desprazamento: 0,30 € por km.
- Manutención: 130 € (media dieta: 70 €).
- Aloxamento: 210 €.
NOTA: Ó BNG parécennos cantidades excesivas. Por exemplo, se alguén se despraza a Ourense, ida e volta (aprox. 100 km), cobrará 30 €, cando apenas gastará 5 € de gasolina. E, ¿en que Hotel cobran 210 € por noite?

· Por asistencia ó Pleno cada concelleiro cobra 100 €.
Supón cada 2 meses: PP - 800 € / BNG - 200 € / PSOE - 100 €
· Por asistencia ás Comisións Informativas, cada membro cobra 100 €.
Supón, por Comisión: PP - 500 € / BNG - 100 € / PSOE - 100 €.
· Os membros da Xunta de Goberno cobran 100 € por cada xuntanza.
Supón, cada mes: PP - 800 €.
* Cada mes, cada grupo cobra:
- PP: 1.950 € / BNG: 290 € / PSOE: 180 €

· Para a asistencia á Alcaldía, esta propón ó Pleno que na plantilla de persoal figure unha praza de administrativo co carácter de persoal eventual cunha retribución mensual de 1.101 €.

10 comentários:

Anónimo disse...

A foto da Raquel bañándose na piscina recórdame aquela outra de Fraga bañandose no mar en Palomares, o caso é o marketing, a publicidade, para ocultar todo o demáis, a sua incompetencia neste caso.

Anónimo disse...

Un administrativo máis no Concello?, é unha coña, non?, porque que meta máis xente no Concello a costa dos nosos impostos con todos os que xa hai chupando do bote, esto vai parecer a Diputación de Ourense, tanta xente da que non se sabe cal é o seu verdadeiro cometido. Para esta plaza terá que devolver algún favor? e faino a costa de todos. Esperemos que polo menos entre o máis capacitado,esto é, a través duhna oposición sin amañar, ainda que este administrativo non fai falla para nada, sobran os que hai.

Anónimo disse...

Aloxamento: 210 euros.
O Presidente do Goberno paga 85 euros por aloxamento/día nas suas vacacións en Asturias. ¿en Sober a alcaldesa ten delirios de grandeza?

Anónimo disse...

Por comparar,podedes poñer os datos do que cobran en Monforte (supoño que podedes ter aceso a eles) tanto de soldo como de dietas asi como dedicacións exclusivas e persoal de confianza?.
Así os que somos indecisos poderemos saber quen son mas ladros si os do PP ou os do BNG.

Anónimo disse...

Tais cantidades en concepto de dietas parécenme excesivas cobre quen as cobre.
Ninguén acusou de ladrón ó PP (detecto certa traición do subconsciente). Trátase de que estamos a falar de cartos públicos e da mellor forma de administralos; e con cartos públicos non se debe abusar.
As dietas establéceas o Pleno, por tanto, en Sober, os únicos responsables de ter as dietas que temos é o Pleno de Sober. Podémolo comparar co que queiramos, pero nós estamos a facer política en Sober.
E non teño problema en admitir que se as dietas cobradas nun concello do BNG son esas son excesivas.
Outro problema é que non hai que adxuntar facturas para xustificar gastos, creo. Un membro da corporación xustifica tantos desprazamentos e o Pleno ou Xunta de Goberno apróbao. ¿É así?
E nunca plantexamos eliminar as dietas: se o exercicio da política non estivese remunerado só a poderían desempregar os ricos (servindo ós seus intereses, claro); inda que ser militante de esquerdas implica aportar o que se poida. De feito, nós, o BNG de Sober, asumimos parte dos gastos da Campaña e gastos coma as dúas revistas que fixeramos hasta Maio, ademáis de pagar a nosa cuota de afiliados, que se ingresa nunha caixa común.
A cuestión, en dietas e remuneracións é a xusta media.
A seguir o debate...

Anónimo disse...

Considerando que Monforte ten sete veces máis poboación que Sober,19412 Hab-2895Hab (censo de 2006),saca ti mesmo a conclusión, indeciso.

Anónimo disse...

Pois os do meu concello, Pantón, non son menos, refirome a tirarlle do teto a vaca do concello.
por acudir a sesións de órganos colexiados
725 euros o alcalde
500 euros o 1º Tenente
250 euros o 2º Tenente
250 euros o 3º Tenente.
Duas sesións por mes, menos mal.
A maiores, imaxino, terán outro tipo de dietas.
Multipliquemos.

Anónimo disse...

E que vos parece esa nova de que agora os alcaldes que leven dous anos no cargo teran unha paga de 15.000 euros o ano. !!!MENOS MAL QUE ESTAMOS NUN GOBERNO DE ESQUERDAS!!!, e logo falase de cacicadas.....VER PARA CRER, supoño que será polos bipartitos, dous anos un e dous anos outro, e pra facer unha folga xeral.

Anónimo disse...

Os do bipartito levan poucos anos, pero entran todos os ppros, dende o ano 1987, fíxate quen son os que saen beneficiados!, pero sí, estou de acordo contigo, último anónimo, é unha vergoña que fagan esto, pero podedes emmendalo cando teñades outra vez o goberno e de paso poñer os cartos(ciscados) do proxecto faraónico do Monte Gaiás, que aínda ten que dar moito de si.

Anónimo disse...

Escandalosas as dietas de desplazamento, manutención e aloxamento.¿Cándo vai os plenos da Diputación (como oposición, jaja), quen paga?.