ACTIVIDADE ORGANIZATIVA EN XULLO E AGOSTO

· 25 - Xullo
Día da Patria
Manifestación en Santiago.

· 27 - Xullo
Asamblea Local
Debate sobre o traballo institucional realizado polo BNG de Sober nestes meses e sobre as liñas de traballo nos meses próximos.

· Preparación do Pleno do 19 de Xullo: PXOM e Orzamentos (informaremos sobre este en Setembro).

· Elaboración de preguntas e mocións para Setembro.

· Elaboración de fichas dos vertedoiros sinalizados polo BNG nos meses anteriores e entrega dunha copia ó Concello.

· Vándalos do lareiro: elaboración e buzoneo do primeiro número do boletín Mocidade do BNG de Sober.
· Reparto do voceiro de Xullo (nº 2).


NOTA: Apoiamos a decisión do Concello de reclamar axuda da Xunta pola praga dos carballos, atacados pola Altica querquetorum, insecto que devora as follas.

Este ano é maior a incidencia desta praga, que leva anos facendo acto de presenza nas árbores do Concello.
Non obstante, técnicos da Consellaría de Medio Rural cren que os efectos da prega «consistirán praticamente en adiantar a caída da folla» e que polo momento bastará con deixar que os insectos completen o seu ciclo biolóxico e desaparezan coa chegada dos fríos. Técnicos forestais da Xunta visitarán recentemente un carballo de Vilaescura de gran tamaño e antigüidade, que tamén está sendo afectado pola praga.

1 comentário:

Paula Verao disse...

La Voz de Galicia; 25 de Agosto de 2007.
Medio Rural non cre necesario actuar contra a praga de «altica»
A consellería só fará tratamentos na comarca de Lemos se o piden os propietarios das fincas afectadas
A Consellería de Medio Rural considerable pouco probable que se emprenda algunha actuación contra a praga de Altica quercetorum que afecta ás carballeiras de diversas zonas do municipio de Sober e doutras áreas do sur lucense. Segundo indican fontes deste departamento, os técnicos opinan que a incidencia desta praga non é preocupante polo momento e que o máis aconsellable é deixala pasar. «Os ataques do insecto non están debilitando os carballos e non van provocar a súa morte, aínda que poden ter un efecto visual importante, e os insectos morrerán no inverno», explican. «Se o inverno vén frío, iso seguramente servirá de barreira para o próximo ano, pero se a praga se repite estudaranse as medidades necesarias», engaden.
Non obstante, a consellería puntualiza que podería actuar localmente para atacar a praga en determinadas fincas da comarca se así o solicitasen os seus propietarios. «Se se tratase dunha praga moi estendida, que actuase dun xeito uniforme sobre unha zona moi grande, poderíanse realizar tratamentos biolóxicos con avionetas, pero neste caso a praga está localizada en determinadas carballeiras ou árboles ailladas dos municipios de Sober, Pantón e o Saviñao, e habería que ir aplicando o tratamento planta por planta, ademais de pedir a autorización aos propietarios de cada unha das zonas afectadas», explican os representantes de Medio Rural.
Os técnicos forestais da Xunta, porén, cren que os efectos desta praga «consistirán praticamente en adiantar a caída da folla» e que polo momento bastará con deixar que os insectos completen o seu ciclo biolóxico e desaparezan coa chegada dos fríos.
Petición do Concello
Medio Rural respondeu así á petición que o goberno municipal de Sober dirixiu o pasado mércores a esta consellería e á de Medio Ambiente, solicitando que se analizase o alcance da praga e que, en caso necesario, se tomasen medidas para a súa erradicación.
A petición do Concello soberino, técnicos forestais da Xunta xa visitaran recentemente un carballo situado na localidade de Vilaescura, considerado de especial valor polo seu tamaño e antigüidade, que tamén está sendo afectado pola praga.