PARA TERMOS FUTURO

Prezado veciño / Prezada veciña: 

Levamos moitos anos de perda de poboación, de desaproveitamento da nosa riqueza, moitos anos sen crer nas nosas posibilidades, moitos anos a malgastar os recursos públicos e a gobernar sen diálogo.

Sober e as súas xentes merecen que poñamos todos os nosos esforzos en desenvolver a nosa Economía, porque a nosa terra é rica e temos o dereito a vivir e traballar en Sober cunha alta calidade de Benestar.
Este é o noso compromiso: crer no futuro de Sober e facelo posible, mediante o Diálogo con toda a xente en pé de Igualdade.
O meu agradecemento pola túa confianza.
Alfonso Campos Pérez


IDEAS ESTRELA
PARA QUE SOBER AVANCE



As parroquias: protagonistas da vida municipal
Elección democrática dos pedáneos, fomento do asociacionismo veciñal, participación das parroquias na toma de decisións que lles afecten.


Crear emprego e futuro en Sober
Elaboración dun Plano de Desenvolvemento Rural, levando a cabo as infraestructuras prioritarias, desenvolvendo os sectores estratéxicos (ex. viño), revitalizando a Agricultura, a Empresa, a Artesanía, o Comercio e un Turismo de calidade, respetuosos co Medio Ambiente.


Vivenda accesíbel: 40 % do solo edificábel para vivenda protexida
Preservar o noso medio natural
Limpeza do monte, eliminación dos vertedoiros, fomento das enerxías renovables, política de redución e separación de residuos.


Auga de calidade e saneamento para todos os lugares
As mellores infraestruturas
Mellora das vías que vertebran o Concello, trazado de pistas con participación activa das parroquias, elevadores eléctricos nas viñas, trazado racional das pistas da ribeira, acceso ás novas tecnoloxías.


Mirando polo Benestar
Prioridade na atención aos nosos maiores, fontes de sabedoría.


Igualdade real de homes e mulleres
Educármonos e coñecer a nosa Cultura
Axudas para a formación, o libro e a Biblioteca como prioridade, estudo e divulgación do patrimonio arqueolóxico-artístico e etnográfico, a Música como eixo da política cultural.


Deporte: saúde, lecer e convivencia
A infancia e a mocidade: o futuro
Axuda económica nos estudos, actividades formativas e de lecer continuadas, participación activa na vida municipal, facilidades para o acceso ao emprego e á vivenda.


Nunha palabra: Democracia
Presupostos participativos, información continua da veciñanza, debate, transparencia, trato en igualdade a todas as parroquias e xentes.

* O Programa de Goberno completo do BNG de Sober entregarémolo a toda a veciñanza durante a campaña. Se desexas unha versión en formato Word, pídenola en benegasober@hotmail.com. Somos a primeira forza política do Concello que presenta o seu Programa (xa o desgranamos punto por punto na xornada de presentación da candidatura, o 20 de Abril); é máis, deste o ano pasado xa fomos adiantando algunhas partes.

1 comentário:

Paula Verao disse...

Publicamos en Ribeiraos os resultados das elecccións municipais desde 1.987.