CHARLA-COLOQUIO: AUGA

A nefasta política do Concello de Sober en materia de auga e saneamento 

Despois de tantos anos de Goberno do PP en Sober, na Deputación e na Xunta, non foron capaces de extender o abastecemento de auga e o saneamento a todas as parroquias.

A cambio, o bombeo de auga do Cabe, ideado polo Concello para solucionar os problemas (que seguimos a ter) de falta de auga é a solución máis custosa e a de peor calidade e fíxose sen informar ós veciños afectados, que desconfían sobre a calidade da auga que sae do seu grifo. Ademáis, a maioría das augas fecais vértense ós ríos e regatos, contaminándoos.

A ALTERNATIVA DO BNG
Para o grupo local do BNG, é prioridade absoluta, a curto e medio prazo, extensión a todas os pobos dunhas redes de abastecemento que garanticen auga de calidade e subministración regular, sen cortes.
- Crearase unha Mesa de Diálogo sobre a auga, con participación de todas as parroquias, axentes sociais, técnicos e Goberno Local para identificar os problemas de abastecemento de cada pobo e a solución máis acaída en cada caso (pequenas presas, pozos, bombeo do río, aproveitamento da chuvia…).


Será actuación urxente da Mesa: encargar análises rigorosos sobre a calidade das augas de todos os pobos.
- Extensión do alcantarillado, executando redes de sumidoiros, con separación de augas pluviais e fecais.

* Máis no noso Programa de Goberno.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Xoves, 24 de Maio de 2007

CHARLA-COLOQUIO SOBRE
A SITUACIÓN DO ABASTECEMENTO DE AUGA

Coa presenza de
Antonio Oca Fernández
Director. Xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da
Consellería do Medio Rural

CANAVAL – 20:45 horas
LUGAR: “O REGATO”

Sem comentários: