Redacción: BNG - SOBER. Equipo de rúa. 24.04.07.
Vén sucedendo desde hai tempo, concretamente desde que se instalaron baños no bar da Casa da Cultura, que o baño dos homes da 1ª planta de dito edificio se derrama periodicamente.
A primeira vez que colgaron o letreiro de "FÓRA DE SERVICIO" foi cando se empezaron a usar os novos baños do bar. Así pasou longo tempo, obrigando ós homes que ían á Casa da Cultura a mexar no baño do bar, ou no das mulleres, que non se derramara.

Curiosamente, cando o bar pechou unha tempada, o baño dos homes da 1ª planta volveu funcionar coma por arte de maxia.
O ano pasado, 2006, cara finais de ano, volveu abrir o bar, e case simultaneamente volveuse derramar o baño dos homes.
1ª cuestión:
Se o baño dos homes leva tanto tempo derramado, podemos e debemos protestar pola deixadez do Goberno Municipal.
2ª cuestión:
Se o baño dos homes se pecha ex profeso cando se abre o bar, podemos pensar que se fai para que os homes mexen só no baño do bar. E sendo así, podemos (e DEBEMOS) protestar contra esa sorte de paternalismo institucional, carallo.
2 comentários:
Hai que pagarlle a alguén para limpialo,por eso non se usa. O ascensor está inhabilitado porque hai que pagar a luz e adecualo a nova normativa da Consellería de Industria (hai subvencións, seguro que as rexeita). O caso e ter todo manga por ombreiro e o das mulleres moitas veces, as máis, da noxo de suxo que está, vas usalo e quitanchese as gañas.
Hai unha terceira posibilidade: Que o Goberno Municipal desexe que os homes que van a Casa da Cultura miccionen contra as árbores da plaza, o que sen dúbida pode ser un espectáculo turístico moi interesante.
Enviar um comentário