
o Alfonso da Cortesa,
pero traballou de balde
porque gañou a Alcaldesa.
Ja, ja... era broma.
En absoluto traballamos de balde, pois informamos, coñecimos problemas dos veciños e intentamos encauzar as solucións.
Con 2 concelleiros, sobre todo sendo quen son, faremos unha Oposición últil para todo o pobo de Sober.
404 millóns de gracias.
14 comentários:
Primeiro:
Noraboa, os resultados de Sober foron os mellores da historia para o BNG; pero:
O PP gañou con tanta ou máis diferenza ca nunca (en procentaxe), teremos en conta que o PSOE baixou esaxeradamente e INGA desapareceu.
O certo e que en Sober nos ultimos catro anos non fixo nada a oposición e polo tanto non se desgastou o grupo de governo. Sabemos que agora habera oposición; pero ollo, hai que saber facer oposición con desgaste do grupo de governo pouco a pouco e o mesmo tempo conseguir inversións da Deputación e da Xunta (temos as Consellerias máis importantes para Sober)e vendelas como traballo do BNG. En Ourense a oposición do BNG non funcionou xa que o BNG baixou --¿que pasou?--.
O certo e que e moi dificil acabar coa exemonia do PP en Sober; ainda duplicando resultados BNG e PSOE e sacando esos votos o PP seguiria o PP con maioria. E moi dificil, non imposible.
Logo hai que deixar un as na manga para dentro de tres anos e medio. Xa diremos cal é.
Con toda seguridade no ano 2011 habera cambio de color no goberno de Sober.
ll
Entendo o do ás na manga.
¡¡¡
Enhoraboa a todo o equipo do BNG de Sober, creo que fixestedes un enorme traballo e parece que quedou plenamente recompensado porque catro concelleiros saben a victoria.
Seguide traballando asi que se respira un aire novo na comarca.Un saúdo dende as encantadas terras de Sober
Perdón foron dous
Beiras volve ver boas actitudes
GALICIA HOXE
O histórico dirixente do BNG, Xosé Manuel Beiras, denunciou onte que os gobernos locais do PPdeG "se negan a executar e obstaculizan investimentos ofrecidos pola Xunta para que non sexan capitalizados por outros partidos políticos". Beiras ofreceulles unha conferencia a universitarios na aula de segundo curso de Educación Social e antes mantivo un breve encontro cos xornalistas.
"Estou -dixo- facendo a campaña na Galicia dos pequenos municipios rurais polo que igual podo estar no Courel ou Quiroga como en Vilardevós, Cariño, Salnés ou Costa da Morte" e asegurou que "é moi satisfactorio" porque percibe "que na Galicia máis castigada, a xente do BNG con carné ou sen el, mantén a mesma actitude ética que nos levou á carreira ascendente que tivemos entre os anos 80 e finais do século XX".
Beiras, membro da Executiva do BNG, dixo sentirse reconfortado porque aínda que esta comunidade se atopa moi envellecida "nas listas do BNG hai moita xente nova, pero non paracaidistas senón persoas que seguen fincadas alí onde naceron e se criaron aínda que non poidan traballar no mesmo lugar".
Declarou que a Galicia rural é a máis deteriorada "e sometida a unha ditadura encuberta do PPdeG que se traduce en falta de liberdade efectiva dos seus cidadáns á hora de votar, aínda que ás veces non só ocorre isto con esta forza política".
Beiras avogou por un cambio político desde as novas corporacións locais "que acabe cos problemas que pon os gobernos municipais do PPdeG ás ofertas de investimentos da Xunta que, non só non as executan, senón que pon obstáculos para que non poidan capitalizalas outros".
Segundo o catedrático e nacionalista histórico, percíbese unha dinámica social "que pode facer que o poder establecido neses municipios caia ou recúe sensiblemente e cambie así esa visión que ten a clase política de que esa Galicia se dá case por perdida cando se fala de eleccións municipais".
Que razón ten ese home sí señor. Dende os pobos é dende onde facemos país, toda a razón do mundo.
Un saúdo dende as encantadas terras de sober.
Bueno... Haberá que ir quitando os carteis...
A resaca electoral dura bastante.
Noraboa.
Doble gasto no embarcadoiro dos Chancís.De quen son os cartos?, do PP de Sober que os xestiona mal, ou de todos nós que pagamos relixiosamente os impostos? e queremos que sexan correctamente investidos e xestionados.
Aparte de destruir unha fervenza, a eso chámase conservación da natureza.
Rapaces tedes que empezar a traballar,falar coa xente, sentir os seus problemas, darlles solucións.
Confiamos en vós.
A miña mais reconfortante noraboa, pois tratase dun exito (ainda k pequeno no numero final de concelleiros) sen precedente en Sober, e se cadra o comezo dun cambio na mentalidade da poboacion do concello, que asemella actuar sempre polo instinto primario do egoismo (o qu e ven sendo iso de "eu axudo pero ti...")
Enviar um comentário