
Galiza Nova, como non podía ser doutro xeito apoia a ADEGA na convocatoria dos colectivos ecoloxistas e sociais de Galiza a unha concentración o martes ás 18:00h na praza do Toral de Santiago de Compostela. Así mesmo , o propio día 5 haberá unha conferencia sobre as consecuencias do cambio climático a cargo do profesor Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía da USC e un dos principais expertos galegos sobre o cambio climático.
Como introducción ao acto, proxectarase o documental de producción galega "O Cambio Climático, o reto do século XXI".
Será as 19h na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19 de Compostela).
5 comentários:
Molaba facer este mural en Sober.
É bonito, facedeo.
Xa que a preocupación polo medio ambiente e a natureza da alcaldesa e do PP é nula , pódeselle tatuar o logo no cú, é posible que así se sensibilizase un pouco.
Ribeira Sacra, Patrimonio da Humanidade xa! si esta alcaldesa e estes do PP non siguen descalabrandoa como ata de agora.
pero tienen muy buenas palabras no asi los hechos
Enviar um comentário