2. XESÚS VERAO PÉREZ, Barantes.
3. PAULA VÁZQUEZ VERAO, Neiras.
4. JUAN CARLOS PIÑEIRO VÁZQUEZ, Refoxo.
5. ÓSCAR ALONSO DÍAZ, Santiorxo.
6. ESTEBAN JOSÉ SÁNCHEZ LÓPEZ, Canabal.
7. JOSÉ MANUEL LÓPEZ VISPO, San Martiño de Anllo.
8. RAMÓN MARTÍNEZ DÍAZ, Doade.
9. MIGUEL ÁNGEL PÉREZ PÉREZ, Bolmente.
10. DIEGO JESÚS LÓPEZ GONZÁLEZ, San Martiño de Arroxo.
11. MANUEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Proendos
SUPLENTES
1. CARMEN LUZ RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Santiorxo.
9 comentários:
Unha candidatura de xente nova, culta, traballadora, emprendedora, honesta;aínda que a máquina caciquil do PP xa leva meses traballando merecedes o mellor do mellor, merecedes gañar estas elecciós e por suposto que ganaredes.
Desde o meu miradoiro, ánimo!!!.
Que ben, que maravilla, querido anónimo, a honestidade douna por presuposta en canto a cultura como as demais candidaturas levan xente inculta, gustaríame que me dixeses a titulación das persoas que van na lista (xa sei que me vas decir que eso non e sinónimo de cultura, e tes razón, pero cando non coñeces a xente pides os títulos)e ti como os coñeces gustaríame que dende o primeiro o último me dixeses que titulacións teñen. Un saúdo.
Ninguén falou de títulos, só se falou de xente nova, culta, traballadora , emprendedora e honesta; molestache que as persoas do BNG sexan así? Claro que varios deles teñen títulación universitaria e de grao medio ou a piques de obtela, pero iso, caro anónimo xa o sabes,
e aposto que tamen sabes o número de calzado que usan. Estás afectado de titulitis, tes titulitis aguda: operate!!!
Saúdos.
Non, o que pasa e que me parto de risa porque parece que non tedes avoa, dime de que presumes e direiche de que careces.
Os refrans, eso si que e cultura.
Eso de a piques de obtela, e moito decir, non crees? para alguns pasan anos e outros non a chegan a obter e mentras non o tes, desgraciadamente non conta.
Xesús, parece que estes dous/duas nin que foran licenciados en Física Nuclear; por enriba dalles o riso, Xesús!!!.
E o dos títulos ,qué titulación ten el? Por favor, que nos sorprenda.
Nótase que estades en campaña.
Eh, "non se vale insultar". Os do BNG de Sober non somos mellores ca ninguén; e, dende logo, non valoramos ás persoas polos seus títulos.
Nas tres candidaturas das tres forzas políticas que nos presentamos en Sober hai persoas cultas, traballadoras, honestas e emprendedoras (agradecemos ó anónimo nº 1 as palabras de agarimo).
Se nos presentamos e cremos que somos a mellor opción é porque cremos firmemente que este equipo, co noso Programa de Goberno(fundamental en Democracia) pode desenvolver Sober.
No debate deben de predominar as ideas; e o BNG está a cumplilo, coas súas propostas, o diálogo ca xente, as charlas informativas que non só son mítines...
Enviar um comentário