Neste pleno debatíronse tres ordenanzas fiscais (IBI - ICIO - IVTM), a adicación exclusiva da alcaldía e aspectos do saneamento e abastecemento do Concello, entre outros temas.
* INFORME TRIMESTRAL SOBRE FACTURAS PENDENTES (con máis de 30 días e con máis de 55 días).
* APROBACIÓN
PROVISIONAL DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES (IBI)
Os
cambios que se introduciron foron:
-
o gravame aplicable a bens de inmobles de natureza urbana pasa de 0,5 a 0,6%.
-
o gravame aplicable a bens de natureza rústica pasa de 0,3 a 0,5%.
-
o gravame aplicable a bens de características especiais queda no máximo: 1,3%
Esta
actualización do IBI entrará en vigor o 1 – 1 – 2012, con efectos reais para
2013.
O
BNG manifestou que se debe informar á veciñanza da suba dos impostos (aínda
entendendo que é mínima) e, sobre todo, que se xestionen ben os recursos do
Concello, xa que se incrementa a carga impositiva.
O
BNG abstívose porque considera que o IBI debe ser un imposto progresivo, en
función da renda, aínda que entende que isto ten que ser desenvolvido a nivel
xeral.
* APROVACIÓN
PROVISIONAL DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS
As
taxas quedan igual. Actualizouse o texto – que databa de 1989 -, facendo unha
reformulación axeitándooa á lei. Ademais, incluiuse unha bonificación do 100%
do imposto para os vehículos de máis de 20 anos e un 50% para os coches con
motor eléctrico.
O
BNG votou a favor.
* APROBACIÓN
PROVISIONAL DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS,
INSTALACIÓNS E OBRAS
Coa
ordenanza proposta pola alcaldía as taxas quedan igual, pero sube dun 1 a un 2% a licencia do
proxecto de obra maior.
O BNG expuxo que se
deberían contemplar na ordenanza as bonificacións no imposto previstas polo
Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, no artigo 103.2. Ademais, a presente
ordenanza supón, neste sentido, unha regresión con respecto á anterior, na cal,
no seu artigo 7º, prevía que “Se podrá conceder por parte de la Junta de
Gobierno Local una bonificación de hasta el 90% de la cuota a los titulares de
las licencias cuando concurran circunstancias de interés social, económico o
cultural que justifiquen la misma.”
O alcalde aceptou as suxerencias do BNG e retirou a Ordenanza – que
queda para o seguinte Pleno – para poder estudar mellor a introdución de bonificacións
neste imposto.
* FESTAS
LOCAIS DE 2012
7
de setembro (venres) – Festa de Cadeiras
17
de setembro (luns) – Festas do Carme
Aprobado
por unanimidade.
* ADICACIÓN
EXCLUSIVA DA ALCALDÍA
32.812,5
€ brutos ao ano, a distribuír en 14 pagas (= 2.343,75 € ao mes + 2 pagas extra;
serían 1700 € líquidos ao mes).
O
BNG abstívose en protesta polas medidas
de recurtes sociais e polo modelo sociopolítico que impulsará, se goberna no
Estado, o PP, o partido que ostenta a alcaldía.
Sober é un Concello que precisa a adicación
exclusiva da alcaldía. Enténdese
a necesidade de equiparar, máis ou menos, o salario da alcaldía co salario
percibido polo traballo pola persoa en cuestión. Sen embargo, tamén hai que
adaptar este salario á situación xeral das contas do municipio e ao contexto de
crise e lembrar que hai moita xente, políticos e políticas, que adican tempo
persoal á sociedade sen retribución a cambio. O BNG de Sober poría un salario
máis baixo, aínda que recoñecemos que é un salario razoábel para un alcalde de
Sober, similar ao de outros concellos parecidos pero, dentro duns anos, coas
políticas de recurtes sociais que o estado aplicará – goberne o PSOE ou PP –,
en virtude da reforma da Constitución que limita o déficit público ao mínimo e
que prioriza o pago da débeda e coa falta de medidas para cambiar o modelo
económico capitalista en estado terminal, fará que camiñemos cara unha sociedade
empobrecida, na que ter un salario de case 2500 € ao mes será un soño
inalcalzábel por moita xente (xa é un soldo boísismo para Sober). Non podemos
igualarnos por baixo, pero cando os grandes partidos políticos están pedindo á
xente do común sacrificios deberían dar exemplo, se é que sinceiramente
pensaran que rebaixando salarios e prestacións sociais se sae da crise, cousa
que é totalmente falsa. O soldo razoábel para un alcalde tamén o é para
calquera asalariado, funcionario ou autónomo, aos que se lles están recurtando
salarios e prestacións sociais.
* ESTADO
DE REDES DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO
O
alcalde dixo no Pleno que se fixo un estudo sobre o particular, no que se
atoparon moitas deficiencias (mal estado ETAP, fugas na zona da Mina, etc) que
calquera veciño ou asociación pode consultar.
Outro
estudo pormenorizado sobre as redes de abastecemento e o saneamento xa está
encargado.
O
BNG presentou unha moción solicitando a creación de:
Foi
rexeitada polo PP aducindo que ía dar problemas por de acordo á xente no tema
da auga, porque todas as parroquias consideran a súa traída ou saneamento como
prioritario. O BNG retrucou que hai que irse acostumando a implicar á xente na
política, que coñeza os dereitos que ten e tamén as dificultades e deberes, que
non dependa que en cada parroquia haxa unha persoa ou asociación interesada en
consultar o estado das redes de saneamento senón que, dende o Concello, xa se
informe a todas periodicamente e se convoquen para debater, aínda que sexa só
unha ou dúas veces ao ano.
* LIMPEZA
DAS MARXES DO CABE EN CANAVAL
Como
resposta a un punto dunha moción do BNG, que solicitaba a limpeza da zona de
baño de Canaval, a Alcaldía dixo que se solicitou á Confederación Miño-Sil a
limpeza do Cabe e de outros ríos de Sober, e que esta se comprometeu a limpar a
zona de baño de Canaval.
O
BNG sinalamos que, na práctica, o Punto Limpo de Canaval era un vertedoiro
incontrolado, así instamos a que se limpase e preguntamos se se estaba a
cumplir o disposto na Ordenanza de Funcionamento do Punto Limpo do Concello de
Sober.
O
alcalde recoñeceu que non funciona o Punto Limpo. Dixo que en outubro se vai
limpar, cando concedan o permiso de queima de certos residuos. Anunciu que vai funcionar,
porque o Concello se vai acoller a unhas axudas da Xunta, e que vai contar con
vixiancia, para que non se siga vertendo lixo alí descontroladamente.
* REGULAMENTO DE HONRAS E DISTINCIÓNS DO CONCELLO DE SOBER
O
PP presentou un regulamento estándar sobre os nomeamentos honoríficos do
Concello (Fillo/a Predilecto/a – Fillo/a Adoptivo/a – Concelleiro/a ou Alcalde
ou Alcaldesa honoraria – Medalla de Honra de Sober), que xa estaba redactado
dende había anos, pero que non estaba en vigor porque faltaba a aprobación
definitiva do Pleno.
Dende
o BNG sinalamos que se adaptase o texto á Lei de Igualdade, incluíndo o xénero
feminino nos títulos (Fillo/Filla), que non estaba, e pedimos que non se
banalizasen os títulos, senón que se concedesen só en ocasións claras e
contadas. Tamén pedimos que se cambiase “servizos á cidade” por “servizos á
cidadanía soberina”. As emendas do BNG foron aceptadas, polo que se votou a
favor.
* PREGUNTA
DO BNG AO GOBERNO MUNICIPAL SOBRE A NECESIDADE OU NON DUNHA ÁREA SANITARIA DE
XESTIÓN INTEGRADA PARA MONFORTE E COMARCA
O
BNG preguntou que postura terá o gonerno municipal se, tal como semella, o PP
incumple a súa promesa de manter a área sanitaria de xestión integrada de
Monforte. O goberno local respostou cun apoio pouco concreto de defensa da
mellora da calidade e servizos do Hospital, pero non se pronunciou expresamente
sobre a área sanitaria.
10 comentários:
A explicación da abstención é para nota. Como o as cousas da crise van ir a peor o soldo debe ser menor, suponse que se fosen a mellor entón o alcalde debería gañar máis. Esto é lóxico.
Cal é o soldo do funcionario do concello que máis gaña?
Pois eso...
Que boa oportunidade perdida para esta caladiño
Penso que non se pode separar o soldo que se pon un alcalde do PP das políticas a nivel xeral que está a impulsar e propor para, supostamente, saír da crise. O PP di que se sae da crise recurtando gasto público e salarios dos traballadores: pois que sexa coherente (tamén o PSOE, que plantexa as mesmas medidas). Nós non cremos niso e cremos que 1700 € líquidos é un soldo digno para calquera traballador (calquera), é o que explicamos. Eu creo no principio de porse o salario mínimo interprofesional + as dietas necesariras indispensables para o exercicio do traballo, é o que eu faría, pero isto non quere dicir que considere o salario mínimo o suficientemente digno para ningún tipo de traballador (nin para o alcalde), senón que, mentras este salario sexa tan baixo, os cargos públicos deberían saber como se vive con el. É moi fácil facer demagoxia cos soldos, eu só digo que ese soldo, se se repartise a riqueza de xeito equitativo, sería normal, para a alcaldía dun concello coma Sober e para calquera traballador/a de Sober. Xa sei que iso é, neste momento, imposible, por iso nós poríamos un soldo máis baixo, quizais se entendería mellor co voto negativo, pero a abstención remarca que consideramos que a alcaldía de Sober (coma calquera traballador/a) debe cobrar un soldo digno.
E, quizais peque de cauta, pero paréceme que cargar as tintas neste momento contra os soldos dos políticos é olvidar o verdadeiro problema: de quen son títeres os políticos. O peor non é o soldo legal, senón a rede de relacións de poder para a que serve a política nesta suposta democracia. En Sober non quería alimentar o discurso fascista (que o hai, e en Sober demasiado) de que eliminando aos políticos e que gobernen xestores está o problema arranxado, porque o problema é o sistema. Iso non quita que o soldo sexa elevado, máis que o dos funcionarios, si, e que tería entendídose mellor a postura do BNG co voto en contra, que tamén recoñezo o erro, pero eu quero que se entenda o matiz. Non me vale criticar os soldos e "os políticos" só porque sí, porque toca e queda ben diante da xente.
Saúdos.
http://www.xornal.com/opinions/2011/10/09/Opinion/feijoo-noqueado-didn-do-it/2011100910324200134.html
Arde Ourense, arde Galicia e as brigadas da Xunta sen medios, sen persoal, sen nada, agora Feijoo tiña que volver sacar aquela foto con mangueiriña, pantalón branco e zapatos casteláns apagando o lume, lembradésvos?. Gañarán por maioría absoluta, máis non entendo a xente que os vota, arde Ourense, arde Galicia e o Feijoo e o Juárez prostituidores da palabra austeridade coa que arde Galicia¿.
O Luisiño molla o cu pola defensa da Área sanitaaria de Monforte, pola defensa do noso hospital?. Moita maquillaxe pintando os pasos de peóns, recollendo plásticos agrícolas (o punto limpo de Canaval impracticable, teremos que comer os sofás vellos), dando maquiniñas de compost (os labregos sempre reciclamos os residuos que xeneramos, dándolle as sobras aos cans, botando o biodegradable na horta, non necesitamos leccións de ecoloxismo porque xa o somos dende hai séculos), mantiñamos as leiras liompas, este agora nin roza as beiras das estradas nin as dos camiños ou faino tarde, ten a merda de Sober nun solar no centro do puebo , a beira das casas, o que fai é marqueting, un enganabobos para a xente; non molla o cu en cousas imprescindibeis para a pouca xente que quedamos nos lugares.
Terrible o que está a suceder cos incendios este outono, e a Xunta é responsable, por ter despedido a traballadores a mediados de setembro e dar por pechada a campaña cando viña o peor, pola seca que hai. Certo que os labregos sempre souberon de aproveitamento dos recursos e "reciclaxe" e que ninguén lles pode dar leccións, do mesmo xeito que no rural a maior parte da xente non tira o orgánico ao contenedor, o que non quita que se poidan usar tamén as composteiras, pois o compost é moi bo para a horta. Sobre a Área Sanitaria, o PP non se pronunciou concretamente, así que, a nós, non nos vale. Saúdos.
Ja, e a Raqueliña por onde anda?. A que deixou un concello morto onde a maior industria é o tanatorio ,non a viticultura. O novo alcalde de viño debe saber moito xa que ten adega sin funcionar; debe de ser fodido cavar as viñas.
Con Feijoo fodeuse todo: foderonse as caixas, fodeuse o Pastor, arde Galicia, os universitarios que remataron a carreira emigran, temps proporcionalmente a nósa poboación o mís alto ídice de desemprego de todo o estado español, as listas de espera para unha operación aumentan, pechan quirófanos para reducir gastos, ata o Celta non subiu a 1º e o Depor descendeu a 2º, onde anda hoxe o gran fodedor, disque recabando votos na Arxentina, Temos que botar ao grande fodedor.
Esta Xunta co seu presidente Feijoo é unha brigada de demolición, con eles desapareceremos do mapa, queimados e exterminados.
Enviar um comentário