O GOBERNO DE FEIJÓO: UNHA DESGRAZA PARA GALIZA

* Agora que Feijóo nos ven dar un mitin a Sober na Casa da Cultura - esa Casa da Cultura que os anteriores gobernos locais do PP negaban para celebrar actos políticos en campaña electoral * - cremos convinte enumerar algúns aspectos do goberno do PP de Galicia que supoñen, ao noso entener, unha catástrofe para a nosa nación.

* Galiza alcanza o récord de 226.000 persoas en paro; 26.000 máis que hai un ano. A maior subida do paro do Estado. E seica ían acabar co paro en 45 días!

* Interrompeuse a construción de centros de día, residencias, escolas infantís e gardarías de titularidade pública e medran as concesións privadas.

* Aumentan as listas de espera sanitarias, colápsanse as urxencias e comeza a privatización da Sanidade.

* A Lei de Augas do PP grava cun imposto indirecto o ben básico que é a auga e ameaza coa súa privatización.

* Pretende aprobar unha Lei de Montes que ameaza o funcionamento democrático das comunidades de montes e favorece ás grandes empresas.

* O modelo educativo do PP galego prima valores coma a separación por sexos nas aulas, o ensino relixioso e o castelán por riba do galego nos plans escolares.

Dende os concellos tamén nos opoñemos ás políticas destrutoras do PP na Xunta, dirixidas por quenes só usan as administracións públicas para beneficio das empresas dos seus amigotes.

* O día 5 de abril o BNG de Sober presentamos no Concello unha petición dirixida ao alcalde demandando “que a Casa da Cultura sexa o local público dispoñíbel para actos electorais na campaña electoral das eleccións municipais de 2011”, sendo esta atendida de xeito favorábel. Así, é a primeira vez que esta vella demanda do BNG de Sober é tida en conta polo goberno local, polo cal agradecemos ao actual alcalde de Sober a súa boa disposición para dar este paso na normalización da vida democrática do noso pobo. Os anteriores gobernos do PP nunca accederon a usar a Casa da Cultura para actos políticos.

7 comentários:

Anónimo disse...

Tamén lle dou as grazas ao actual alcalde por dar unha lección de democracia sobre todo a anterior alcaldesa.

Anónimo disse...

Os 34 postos de traballo diarios que ía crear para dependencia; o falar non ten cancelas.

Anónimo disse...

Carlos Losada vai na candidatura do PP, o mesmo que rexistrou un partido o mesmo día da presentación da candidatura do Luisiño
, escoitando ao Luisiño dicir que fixo o que lle de a gana na confección da súa candidatura sen ningún tipo de problemas é moito dicir, o mesmo que a casa da cultura estaba ateigada no mitin do Feijoo, antes non se podia usar para estes menesteres (prohibición expresa) e acordo o cheo do parque cando veu Beiras dar un mitin noutras municipais, houbo mís xente no parque que na casa da cultura, así que si empezamos esquecendo e magnificando o que non é apañados vamos co Luisiño en Sober.
Dentro de catro anos que fará o Manote?.

Anónimo disse...

O meu país/ é verde e neboento
É saudoso e antergo,/ é unha terra e un chan.
O meu país/ labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo/ que durme nugallán.

Q quece na lareira,/ aló na carballeira
Bota a rir.
E unha folla no vento/ alento e desalento,
O meu país.

O meu país/ tecendo a súa historia,
Muiñeira e corredoira / agocha a súa verdá
O meu país/ sauda ao mar aberto
Escoita o barlovento/ e ponse a camiñar

Cara metas sin nome/ van ringleiras de homes
E sin fin.
Tristes eidos de algures,/ vieiros pra ningures,
O meu pais.

O meu país/ nas noites de invernía
Debuxa a súa agonía/ nun vello e nun rapaz.
O meu país/ de lenda e maruxias
Agarda novos días/ marchando de vagar.

Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza/ no porvir.
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país.
Xoan Manuel Casado
Miro Casabella/Luar na Lubre

Anónimo disse...

O meu país/ nas noites de invernía
Debuxa a súa agonía/ nun vello e nun rapaz.
O meu país/ de lenda e maruxias
Agarda novos días/ marchando de vagar.

Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza/ no porvir.
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país.

Quen escribiu esto foi un profeta, co goberno de Feijoo non hai esperanza para novos nin para os vellos, o paro na xuventude é o máis grande de todo o estado, os vellos non teñen unha vellez digna,, baixada das pensións, falta de prazas nas residencias,disminución nos orzamentos para servicios sociais, haberá que loitar duro para que veñan tempos novos.

Anónimo disse...

http://www.xornal.com/artigo/2011/05/05/politica/concellos-donde-subio-paro-abril-son-partido-popular/2011050500153600572.html

Os concellos onde subiu máis o paro no mes de abril son do PP.
Botádeos!!.
Indignádevos!!.

Anónimo disse...

É vergoñento ver ao "alcalde" Feijoo onte no Parlamento contra todo sin contestar á oposición, non sabe nada da operación Orquesta, do axente electoral de Ourense, de Telmo Martín,dos transfugas, das mocións de censura contra alcaldes democraticamente elexidos, ata nin debe saber que el é funcionario da Xunta en excedencia cando cargou contra todos os funcionarios chamándolles vagos.Non sabe nada do desemprego xuvenil nin de como atallalo, preside un goberno ausente ante un pobo que pide sulucións.