Analfabetos e ladróns

Martiño Noriega en A Nosa Terra


Moito se ten dito e tamén escrito sobre a nova Lei de augas de Galiza aprobada en solitario polo Partido Popular e publicada no DOG en Novembro de 2010. Esta nova lei, ou como ben argumentou Xosé Manuel Beiras “este roubo da auga” nunha serie de artigos lúcidos publicados no Galicia Hoxe, supón unha encuberta privatización na xestión da auga cun organismo unificado responsábel, Augas de Galicia, entidade de dereito público que axustará a súa actuación ao dereito privado e ao mesmo tempo, cuantifica o uso da auga converténdoo nun produto de primeira necesidade sometido a un prezo a través dun canon que grava, non só o consumo das augas de servizos públicos (traídas municipais), senón tamén aquelas procedentes de captacións propias particulares (pozos) ou colectivas (traídas veciñais), impulsadas no seu momento diante da inexistencia de servizos públicos. Estamos diante, polo tanto, dun texto que troca a estrutura de xestión da auga e ten un evidente afán recadador, incluso naqueles aspectos onde existiu unha inanición da acción pública. Moitas teñen sido as voces críticas (BNG, SLG, etc.) que alertaron destas cuestións nunha defensa dun ecoloxismo social que non acepta a privatización encuberta da Lei de augas e que combate un feudalismo público que quere cobrar por servizos non prestados. Moitos teñen sido os actos de información cidadá na que se tentou contrarrestar a desinformación interesada do actual Goberno autonómico. Durante todo este tempo no que incluso existiron mobilizacións cidadás como a de Compostela, os responsábeis do Goberno pasaron da non resposta a impulsar unha interesada desinformación, alimentada con declaracións insubmisas ao cumprimento de aspectos da lei. Nese senso asistimos a afirmacións do conselleiro responsábel que, sen derrogar cuestións sensíbeis da lei, comprometía a súa presenza no cargo para non aplicalas ou declaracións lamentábeis do presidente da Xunta no derradeiro debate do Estado da Nación onde se refería ás posicións críticas informativas como “sei que por aí andan panfletos”. Mais para os nosos responsábeis de goberno non existen límites e non contentos con desinformar, impulsaron unha campaña de divulgación da lei en diversos medios de comunicación, campaña pagada con cartos públicos que recollía, dentro das “sensibilidades do novo canon universal”, a bonificación nun 90% para as traídas veciñais e a exención no pago dos pozos particulares, feitos que en realidade non se contemplan nin no preámbulo, nin no articulado, nin nas disposicións ou anexos da lei. O contido do anuncio resulta máis enganoso, toda vez que o articulado da nova lei si recolle textos que, en principio, contradín as informacións do anuncio. Dende o Concello de Teo, aldea gala no imperio romano, como administración implicada no desenvolvemento da lei nese rol encuberto de policía municipal que contempla, solicitamos a retirada da campaña e a súa rectificación. O primeiro conseguímolo, polo segundo estamos agardando mais o que resulta sorprendente son as declaracións do presidente de Augas de Galicia nun medio de comunicación radiofónico (cadea SER), no que me acusou de infantil, convidándome a ler ben a lei. Non lle chega con roubarnos, tampouco con mentirnos con cartos públicos senón que tamén insultan sistematicamente a nosa intelixencia... co fácil e barato que resultaría modificar a lei.

4 comentários:

Anónimo disse...

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/juez/acusa/alcalde/ediles/Fisterra/cobrar/sobornos/obras/elpepuespgal/20110412elpgal_3/Tes

Operación Orquesta
Menudos chourizos e ladróns. La Coz non informadeste emmerdado asunto que alcalza a funcionarios da xunta e ao xefe territorial da Consellería de Cultura da Coruña, ex alcalde do PP en Carballo, etc etc,

A estes do PP xa non lles chegabaco Gurtel.

Anónimo disse...

El juez acusa al alcalde y a ediles de Fisterra de cobrar sobornos por obras
Las escuchas telefónicas revelan regalos y pagos en metálico al Gobierno local

El País.com/galicia

Maioría absoluta do PP.

Anónimo disse...

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/mantiene/medallas/cura/estafador/elpepuespgal/20110416elpgal_13/Tes

O xeriatrico de Sober pertence a Fundación San Rosendo, a do cura estafador condenado a 5 anos de prisión por estafar mais de 500.000€ a unha anciana con alzheimer.

Anónimo disse...

http://www.xornal.com/artigo/2011/04/18/politica/conselleiros-altos-cargos-da-xunta-no-sumario-da-operacion-orquesta/2011041800293802730.html

Suposta adxudicación a dedo de 45
millóns dunha gardería con cartos da Xunta: “O Consorcio sabe que temos un compromiso”