Diante dos actuais acontecementos internacionais o Bloque Nacionalista Galego, como organización pacifista, nacionalista e antiimperialista, quere reafirmar a súa aposta pola soberanía dos pobos e por unhas relacións internacionais baseadas na xustiza e na igualdade que primen a resolución pacífica dos conflictos. De acordo cos nosos principios políticos queremos transmitir ao conxunto da sociedade galega a seguinte declaración:
1.- O BNG oponse a unha acción militar sobre Libia que, lonxe dunha operación de axuda á poboación civil, terá consecuencias graves e duradeiras sobre a esa mesma poboación. A intervención militar responde á defensa de intereses económicos e xeoestratéxicos baixo a aparencia de intervención humanitaria, en idéntica lóxica practicada por Estados Unidos e outros estados aliados en recentes e distintas localizacións do planeta. Rexeitamos unha resolución do Consello de Seguridade da ONU que nace con evidentes síntomas de debilidade, que non conta co voto favorábel de estados relevantes e que permite unha intervención militar expresamente criticada por organizacións de estados da área como a Unión Africana e a Liga Árabe.
2.- O Bloque Nacionalista Galego é contrario á participación do Estado español nesta aventura militar destinada presuntamente a desarmar un rexime que previamente os aliados colaboraron activamente a armar. Coherentemente o BNG votou en contra da ratificación da participación española no Congreso dos Deputados.
3.- O BNG quere denunciar o dobre raseiro empregado polos estados atacantes que interveñen militarmente sobre Libia alegando a represión da súa poboación civil, ao tempo que outros estados en conflito están a reprimir cruelmente as mobilizacións das súas poboacións co silencio e cumpricidade da comunidade internacional. No caso paradigmático de Bahrein, mesmo se produciu unha invasión militar do exército da veciña dictadura de Arabia Saudita para reprimir contundentemente ao pobo. Nin a negación de dereitos políticos, nin a represión, nin o incumprimento de resolucións internacionais que afectan desde hai décadas aos pobos saharaui e palestino, mereceron nunca a contundencia da comunidade internacional sobre os estados de Israel e de Marrocos.
4.- O BNG manifesta o seu tallante rexeitamento do rexime libio e doutros que, coma el (Iemen, Bahrein, Arabia Saudita, etc) reprimen violentamente as xustas demandas de liberdade, democracia e xustiza dos seus pobos.
- Lugo: Praza de Armañá (diante da Subdelagación do Goberno), ás 20:30 horas.
- Santiago: Praza de Cervantes, ás 2030 horas.
- Ourense: Subdelegación do Goberno de Ourense, ás 20:30 horas.
- Foz: Praza do Concello, ás 20:30 horas.
- Pontevedra: Praza da Peregrina, ás 20:30 horas.
- A Coruña: no Obelisco, ás 20:30 horas
- Vigo: diate do Museo Marco (Rúa do Príncipe), ás 19:30 horas.
- Ferrol: Praza de Armas, ás 19 horas.
10 comentários:
http://www.xornal.com/artigo/2011/03/27/politica/rajoy-hizo-campana-en-barco-ligado-familia-narcos/2011032721472901697.html
Manda carallo !!!. Rídevos do yate de Quintana!!!.
O último en usar galego como sinónimo de limitado e desconfiado foi José María Aznar, quen o utilizou na definición de Mariano Raxoi. "Raxoi ten unha grande experiencia e unha gran capacidade de resolución e capacidades para ser presidente, o que pasa é que ten a súa forma de ser, a súa orixe galega, o seu exercicio de galego", explicou nunha entrevista para a canle televisiva de ultradereita Veo7.
A NOSA TERRA DIXITAL.
Xornal confirma a marcha de Gómez adiantada por GC
COMUNICACIÓN
O director caeu polas presións de Rajoy malia que a Constructora San José presenta o relevo como produto dun "mutuo acordo". Maria Val, até hoxe subdirectora, asume o cargo en funcións.
O PP alega que non sabía que o barco era de narcotraficantes
Jacinto Rey cede ante Rajoy
http://www.galiciaconfidencial.com/
Aznar cando abre a boca expele un gas chamado aznarodio.
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7566.Rajoy négase a explicar a foto do Moropa
Política
comentario 12 comentarios >>
Malia as estreitas relacións do PP de Cambados co sector pesqueiro, os conservadores alegan que o seu líder subiuse ao barco do clan dos Baúlos, implicados no narcotráfico, por mera coincidencia durante un acto sobre o sector pesqueiro.
* relacionadaJacinto Rey cede ante Rajoy
* relacionadaO PP alega que non sabía que o barco era de narcotraficantes
* relacionadaXornal confirma a marcha de Gómez adiantada por GC
Xa vedes, Público tamén publicou a foto e o seu director segue , entanto o director de Xornal está na puta rúa.
Rajoy se niega a hablar de su presencia en un barco de narcos.
http://www.publico.es/espana/369915/rajoy-se-niega-a-hablar-de-su-presencia-en-un-barco-de-narcos
http://imagenes.publico.es/resources/archivos/2011/3/28/1301271534075rajoydn.jpg
Unha imaxe que ven vale o cese do director de Xornal.
Noticias relacionadas
Publico.es
*
El PP gallego montó un acto con Rajoy en el barco de una familia de narcos
*
PSOE y BNG exigen a Rajoy que explique su fotografía en un barco de los narcos
*
El Gobierno ve poco "edificante" la foto de Rajoy en un barco de narcos
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7569.
As fotos da discordia e o video probatorio
POLÍTICA
GC publica un vídeo en exclusiva sobre a presencia de Rajoy no barco Moropa. Feijóo evita pronunciarse sobre isto, refírese a Jacinto Rey como "malas compañías" e acusa ao PSOE de utilizar a "insidia, a difamación e a manipulación" para facer política.
Rajoy négase a explicar a foto do Moropa
Jacinto Rey cede ante Rajoy
Publico.es
La foto de Rajoy en el barco de los narcos llega al Parlamento gallego
| MARIOLA MORENO
Un parlamentario socialista: "Alguien tiene que dar explicaciones sobre barcos, porque los gallegos aún esperan explicaciones".
La presidenta del Parlamento
de Galicia ataca a 'Público’
| FERNANDO VARELA
Asegura que la portada que muestra a Rajoy en un barco de narcos es "un póster".
Enviar um comentário