a exposición de fotos de mulleres visita Sober


A exposición fotográfica MULLERES DE SIL E MIÑO estará no Centro Sociocultural de Sober (1º andar - pasillo entre a Sala de Ordenadores e a Biblioteca) entre o 2 e o 13 de decembro, no horario habitual do centro.

- De luns a venres: 10:00 a 13:00 // 16:00 a 20:00.
- Sábados: 10:00 - 14:00 horas.

Nesta ocasión, por falta de espazo, non se expoñerán os útiles de traballo relacionados co mundo das mulleres, pero sí os paneis coas máis de 120 fotografías recollidas ata o de agora, nun formato mellorado máis atractivo e visual.

Durante o tempo de exposición, estará dispoñíbel un escáner portátil para que aquelas persoas que desexen aportar fotografías á mostra o poidan facer alí mesmo.

Agradecemos a boa disposición do alcalde de Sober para acoller esta mostra.

A área de Muller do BNG de Lugo-Sul, responsábel desta exposición, lamenta non poder ter exposto esta mostra de fotos e útiles relacionados cos traballos das mulleres na Casa da Cultura de Monforte en setembro, por falta de tempo, de xeito que esta cita queda para febreiro do 2011, pretendendo ser unha gran exposición que recolla o froito do traballo de documentación realizado por toda a comarca. Antes desta cita, a exposición tamén visitará o concello da Pobra de Brollón.

As persoas interesadas en contactar connosco, tanto para colaborar no proxecto como para solicitar que se expoña nalgún lugar da comarca, poden facelo a través do enderezo:

silminho_mulleres@hotmail.com

1 comentário:

Anónimo disse...

Iremos vela.