Moción contra o canon da auga do PP

O BNG presentou unha moción para solicitar do Goberno galego a retirada do Proxecto de lei de Augas de Galiza e elaborar un novo proxecto de Lei que sexa sometido a consulta pública. Debendo recoller as seguintes cuestións:

a)                   Cumprimento da Directiva Marco da Auga e inclusión de todos os seus preceptos.
b)                   Garantir o acceso ao ciclo completo da auga a todos os cidadáns e cidadás de Galiza en igualdade de condicións.
c)                   Garantir unha fiscalidade progresiva para a auga en Galiza que de ningún xeito supoña un incremento da carga impositiva na situación actual de crise pola vía dos impostos indirectos.
d)                   Regulación e ordenación dos usos da auga que recolla todas as peculiaridades do territorio galego e do acceso á auga, de xeito que se garanta que a auga sexa un servizo universal das galegas e dos galegos.
e)                   Ter en conta unha regulación dos usos industriais da auga que garanta o uso sostíbel do recurso e unha xestión transparente do canón industrial do uso da auga.

Sem comentários: