Vándal@s nº 6 (dixital).

O número seis do boletín da mocidade soberina Vándal@s do lareiro, que podedes descargar ou ler en liña no blog do BNG de Sober, vén cargadiño: críticas sobre a improvisación da XXX Feira do Viño, denuncias da suciedade do Sil, análise das promesas incumplidas do goberno municipal de Sober con respecto á xente moza, artigos de interese xeral sobre o noso mundo e dúas propostas: a II xornada de sinalización de vertedoiros de Sober e a exposición fotográfica Mulleres de Sil e Minho na Casa da Cultura.


Lembrade que esta revista da mocidade naceu para ser de tod@s. Podedes enviar os vosos artigos, queixas, etc, sen que iso signifique compromiso co BNG de Sober. Queremos ser unha publicación crítica e independente, e para iso precisamos de todos e todas vós!!!
Podes acceder a todos os números anteriores na barra lateral dereita deste blog.

Sem comentários: