NON MÁIS ENCOROS

O BNG reclama a declaración dos ríos galegos libres de novos aproveitamentos hidroeléctricos

Unha delegación de cargos institucionais do BNG, integrada polas deputadas no Parlamento galego e nas Cortes (Isabel Sánchez e Olaia Fernández), polo senador, Xosé Pérez Bouza, e pola eurodeputada Ana Miranda desprazáronse hoxe até o encoro de San Estevo de Ribas do Sil para denunciar a indefinición do actual goberno da Xunta na defensa dos cauces galegos, nomeadamente os da conca Miño-Sil, e reclamar a revisión do Plan Sectorial Hidroélectrico para declarar os ríos do País libres de futuros aproveitamentos.

Os representantes nacionalistas advertiron do perigo no que se atopan na actualidade os ríos de Galiza, sobre todo ante a ameaza inminente de adxudicar novos aproveitamentos hidroeléctricos, malia recoñecer a propia consellaría de Medio Ambiente que “existe saturación”.

Lembraron que a posición do BNG a este respeito sempre foi unha opinión crítica con esta política, reclamando racionalidade nos usos e apostando por unha práctica respetuosa que teña como elemento cardinal dotar de racionalidade a explotación das augas e a preservación do seu valor medioambiental.

Neste sentido, a deputada no Parlamento galego Isabel Sánchez anunciou que instará ao goberno da Xunta a que redacte un Plan de Usos da Rede Natura que permita elaborar informes que sexan vinculantes no Estado, unha proposta que tamén será levada ao Parlamento Europeo por Ana Miranda, co obxecto de que a Comisión de Medio Ambiente tome cartas no asunto e obrigue ao goberno español a que todas as Comunidades teñan redactado os ditos Planes de Usos.

Pola súa parte, o senador, Xosé Pérez Bouza anunciou que demandará as competencias sobre a xestión da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, pois dende Galiza poderáse defender mellor os intereses dos seus ríos, “sempre e cando haxa máis sensibilidade da que está a demostrar o actual goberno co este asunto”, ironizou.

A este respeito, pediulle a Feijóo menos abrazos co presidente de Iberdrola e máis protección dos cauces galegos, o que pasa pola paralización de novos encoros nesta conca.

Asemade, adiantou que, á vista da desfeita causada por Iberdrola nas obras que está a realizar en San Estevo, co conseguinte secado dun tramo do río e que “nin se dignaron a retirar os casacallos” mañá poñerán estes feitos en coñecemento da Fiscalía ante a pasividade tanto da Confederación como do actual goberno.

3 comentários:

Anónimo disse...

As fotos publicadas na Voz e no Progreso do río Sil son desoladoras e a Raquel de inauguración dunha mostra fotográfica en Lugo sobor da Ribeira Sacra dicindo para a galería que hai que loitar para que sexa patrimonio da Humanidade, cabe maior cinismo e desvergonza?, que fai para evitar tamaña desfeita?Algo de poder político terá ou so é a cuota de representación feminina do PP?.

Anónimo disse...

Coa derrogación do decreto eólico,parece ser que sufre un parón , a mais perxudicada e Caixa Nova a través da filial Galinova, coa problemática das caixas esta Xunta está tola e o único que quere e o afundimento de Galicia e a súa economía dándolle ós de fora Iberdrola e demais as rendas para o noso afogamento.

Anónimo disse...

A foto do abrazo de Feijoo co predidente de Iberdrola, porqué non a publica a Voz en primeira páxina?.