DEFENDE A TÚA LINGUA

Polo ensino en galego.
Cando cubrades a enquisa do galego no ensino…

Marcade a opción “galego” (en Infantil e FP) e “todo en galego” (en Primaria e Secundaria), estarían a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera. [Coa enquisa que se envía ao centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”. Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.]

En observacións podedes escribir:
*** Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.
***Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.
***Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.

1 comentário:

Anónimo disse...

A corrupción no PP segue e segue, Bárcenas, senador e tesoureiro do PP pringado e aquí gañan as eleccións por un diputado e 7000 votos,intentan exterminar a nosa língua, ata intentarán extirpar o noso acento o que comprou os audis 21 de 23 véndeos agora, eso sí que é aforro, Feijoo sendo vicepresidente comprounos, usounos e destruiunos porque tuvo un que foi a chatarra cando o usou, iso é guisar e comer e nas eleccións embarcou ó PSOE e gañaron, en fin, o de sempre mexan por nós e decimos que chove, non, insultan a nosa intelixencia.