É PRECISO COÑECER O WIMAX

O BNG de Sober solicita que o goberno municipal se informe sobre a rede de Internet sen fíos WIMAX agora que está a piques de rematar o prazo para que a empresa adxudicataria deste servizo finalice os traballos de construcción desta infraestructura no sur de Lugo.

O acceso a Internet é un servizo moi demandado pola xente do rural, sobre todo por empresas, autónomos e estudiantes que neste momento non dispoñen da posibilidade dun acceso digno á Rede, así como tamén é unha ferramenta con moitas potencialidades no eido da mellora da asistencia ás persoas maiores; deste xeito, é urxente a posta en marcha do servizo, pero tamén o é divulgar as súas prestacións e funcionamento entre toda a cidadanía para mellor aproveitar esta tecnoloxía.

Así, o BNG considera que é moi importante aproveitar este verán, momento en que acoden ó noso concello gran número de visitantes, para publicitar un servizo que vai ser un atractivo máis da zona a ter en conta para captar posibles novos residentes.

Para que o Concello poida divulgar mellor este servizo, solicitamos que o Grupo de Goberno Municipal se entreviste ca Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para informarse sobre a rede WIMAX.

Sem comentários: