O GALEGO: A NOSA COLUMNA VERTEBRAL


4 comentários:

Anónimo disse...

E sairá deputada é a única que fala de Europa,PP e PSOE o único que fan é pelexar,uns para conseguir chegar a fin da lexislatura coa lousa da crise económica que non provocaron pero que non souberon recoñecer e atallar a tempo, os do PP para forzar eleccións anticipadas e tapar a mais grande corrupción que tuvo partido algun en España, tocados en Galicia (delegado da Xunta en Ourense que antes de sair a sentenza xa declarou que a xuiza non vira visos de delito, conselleiro de Presidencia Rueda secretario de concello en excedencia e asesor-traballador da Deputación de Pontevedra, Hernández Fernández conselleiro de Infraestructuras que firmou obras sin estar empezadas, como rematadas e traballou nunha empresa a que previamente lle concedeu obras cando era alto cargo da Xunta do PP sin respetar a incompatibilidade marcada por lei) Caso Gürthel con alcaldes e consejeros de Madrid,deputados da Asamblea imputados e dimitidos.Caso Camps en Valencia defendido a capa e espada por Rajoy. Presidente da Diputación de Castellón ó que o xuiz lle pide 2 anos de cárcere, cargo xa que hereditario porque sempre recaeo no primoxénito da mesma familia.O PP está enlamado ata o pescozo e o único que quere e desviar a atención con a derrogación do decreto da lingua galega que eles aprobaron,inventar un conflito onde nono habia con axuda das Faes, a visita guiada do despacho que agora vai utilizar Feijoo, pero xa non falan do que van facer cos audis, co custo dos cargos das delegacións da Xunta nas provincias, non falan do Gaiás o mausoleo de Fraga que traga cartos sin fin, que destino lle van dar ós choferes dos antigos delegados, si van privatizar o SERGAS, si van facer o hospital de Vigo.Ata alguén do Pp pediu o encarceramento dos periodistas do PAIS,eso matar ó mensaxeiro,fixérono volver ó rego e pediu disculpas.

Anónimo disse...

Parece ser que a corrupción non fai efecto nos votantes do PP, véxase no País Valenciano, en Madrid, en Galiza, será que pensan que se puderan estar no lugar que os corruptos ocupan farian o mesmo?.

Anónimo disse...

Qué analise fará a UPG e os ex quintanistas-aymerichtas do descenso en picado do BNG, perdendo 20.000 votos? U-lo os delegados que lle deron o trunfo a Guillerme Vázquez e a Aymerich?

Anónimo disse...

Parece ser que a Raquel fala español -variante do castelán- con acento madrileño.Ata onde se pode chegar!!!.