GUILLERME VÁZQUEZ: PORTAVOZ NACIONAL

11-maio-2009
Tras o proceso asambleario vivido no BNG durante os pasados dous meses, Guillerme Vázquez, candidato á Portavocía Nacional pola Alternativa pola Unidade vén de ser elixido Portavoz Nacional do BNG co 55% dos votos fronte ó 44,9% dos votos obtidos pola outra candidatura, a de +BNG, encabezada por Carlos Aymerich.
A nova Executiva Nacional está composta por: Guillerme Vázquez, Ana Pontón, Francisco Jorquera, Rosana Pérez, Francisco Rodríguez, Montse Prado, Rafa Villar, Francisco García, Carlos Aymerich, Teresa Táboas, Manuel Antelo, María Méndez, Xoan Bascuas, Ana Luisa Bouza e Gonzalo Constenla.
O Consello Nacional, máximo órgano do BNG entre Asambleas, quedou constituído polos representantes eleitos entre as catro candidaturas que se presentaban: APU (23 representantes), +BNG (18), Encontro (7) e Máis Alá! (2). O Consello Nacional completarase cos representantes das Asambleas Comarcais.
Na Asamblea Nacional Extraordinaria participaron 2.500 delegad@s que debateron e aprobaron un Documento Político que será a guía do nacionalismo galego ata a vindeira Asamblea Ordinaria.

Sem comentários: