Os propietarios de montes que, a xuízo da Consellería do Medio Rural se poidan ver afectados pola actuación desta praga, facilitarán a realización, por parte da Administración, dos traballos de prevención e extinción que esta considere necesarios, sen prexuízo dos tratamentos que os propietarios poidan desenvolver nos seus predios.
A Consellería do Medio Rural levará a cabo os tratamentos fitosanitarios necesarios, sen lles repercutir aos interesados os gastos destes, segundo o disposto no artigo 19 da Lei 43/2002, de 20 de novembro, de sanidade vexetal.
3 comentários:
Obradoiro de emprego Centeás
O Concello de Sober promove o obradoiro de emprego Centeás. Esta iniciativa disporá dun orzamento de 549.432 euros e formará a 27 alumnos nas especialidades de cantaría e albanelería. As obras que acometerán serán a rehabilitación da área lúdico-deportiva de Centeás e a rehabilitación de antiga escola municipal da parroquia de Neiras.
Subvención da Consellería de Traballo.
23/05/2008
Si a Consellería de Traballo soubese con quen perde os cartos, porque estas subvencións para obradoiros quedan obsoletas, o único para o que valen é para seguir mantendo a rede clientelar do PP nos concellos e non para crear emprego nin como inversión de futuro, véxase como están os muiños, a viña dos Chancís, etc, todo desantendido e o monte. Estes cartos, de todos nós, van ser cartos enterrados e non productivos; en Sober hai moitos sitios onde empregalos para que o concello non esmoreza como está a pasar, viven ben os adláteres e lamecús, mais non son quen de pensar nos demais, son nocivos, tóxicos para todo o concello e demostran sobradamente a súa mediocridade e incapacidade, faltos de ideas que a mais das veces copian sin nengún escrúpulo dos que realmente as teñen.
Coa crise que hai , atopoulle traballo a alguén?.Menudo Manote, que morro lle botou o ex- concelleiro do PP. Soberinos, si sodes do PP en Sober atoparedes traballo!!!, se non emigrade.
Enviar um comentário