Alfonso Campos trasladará ás Delegacións Provinciais de Patrimonio e Turismo a necesidade de que Política Territorial corrixa o impacto paisaxístico dos novos quitamedos metálicos de Doade
O BNG de Sober apoia aos veciños e veciñas de Doade nas súas demandas á Consellaría de Política Territorial para que se adopte unha solución máis estética que os novos quitamedos metálicos da estrada de Monforte a Castro Caldelas ó seu paso por Doade. Os quitamedos instalados producen un brutal impacto visual nunha impresionante paisaxe ribeirá que é unha entrada natural do Concello de Sober.
A Administración debe ser a primeira en velar por que as obras que promove sexan acordes co entorno pois aos viticultores, que están a conservar unha paisaxe tradicional, a propia Administración lles esixe grandes esforzos para que as obras que acometen se adecúen á paisaxe. Desde o BNG de Sober preguntámonos polos criterios que levaron á Consellaría de Política Territorial a retirar os antigos quitamedos de pedra no tramo da estrada que recorre a ribeira de Doade en contra da solución de mantelos do lado caldelao.
Alfonso Campos, voceiro do Grupo Municipal do BNG en Sober, trasladará aos responsables das Delegacións Provinciais de Patrimonio e Turismo a necesidade de que Política Territorial corrixa o impacto dos novos quitamedos instalados.

3 comentários:
Aparte do impacto estético é unha ratoeira para os que andamos en moto.
A Raqueo portavoz adxunta de Medio Ambiente do PP no congreso, os seus compañeiros da comisión terian que vir a Sober e ver o respetuosa que é co Medio Ambiente, vexanse os Chancís, desfeita dunha fervenza, o punto limpo de Sober, a auga de Canaval, os vertedoiros incontrolados de todo o Concello, as pistas da ribeira que fixo e non dan servizo a ninguén etc, etc.
!Que mal anda o PP coas suas liortas internas! o pobre de Rajoy xa non lle queda xente da que botar mao.
Si, fixo unha pista que da unicamente servizo a unha viña do seu tío Tomás do Barbado.
Enviar um comentário