MENOS RELIXIÓN, MÁIS FILOSOFÍA

Ante o borrador de reforma do Bacharelato

A Consellaría de Educación vén de presentar un proxecto para redistribuír a carga lectiva das distintas materias do Bacharelato que recibiu importantes críticas da comunidade educativa, xa que implicaba a redución de horas das materias de Filosofía, Educación Física e Historia. Esta redución vese forzada pola vontade da consellaría de manter a relixión dentro do horario lectivo no Bacharelato.
O BNG defende que se avance cara a un ensino laico e, polo tanto aposta porque as prácticas relixiosas estean fóra dos centros educativos, o que permitiría manter as horas destinadas á Educación Física, a Historia e a Filosofía tal como están agora.
O nacionalismo galego comparte as críticas da comunidade educativa a este proxecto. Desde o BNG apostamos polo diálogo co sector do ensino e pensamos que, ao atoparse o proxecto aínda en fase de borrador, hai tempo de sobra para modificalo.
Así mesmo, o BNG considera que se deben aproveitar as reformas no horario lectivo do Bacharelato para favorecer o coñecemento da realidade galega incluíndo como optativas de oferta obrigada materias como Historia e Xeografía de Galiza ou Literatura Galega do Século XX.
Con carácter máis xeral, é necesario, co obxectivo de termos un ensino público galego e de calidade, aumentar no posíbel o número de materias optativas e os centros que ofertan o Bacharelato de Artes, así como a dotación de profesores e medios.
Desde o BNG agardamos que a Consellaría de Educación sexa sensíbel a estar reivindicacións.

Sem comentários: