Máis de 1,6 millóns para Sober

Medio Rural investirá na Ribeira Sacra máis de 10 millóns de euros
hasta o ano 2010.
A Sober correspóndenlle máis de 1,6 millóns.
O BNG cremos que é viable manter o noso xeito de viticultura tradicional e por iso apostamos por mellorar as condicións de traballo na nosa ribeira.
Apoiar a viticultura tradicional non é só unha cuestión de rendabilidade económica, ó reducir os custos de producción introducindo tecnoloxías (coma os elevadores); tamén é unha aposta social, por manter unha actividade que permite que a xente se quede no Medio Rural cunha alta calidade de vida.
O Plan de Actuación Global de Infraestruturas Agrarias Vitícolas na Ribeira Sacra Lucense, que beneficiará a 13 concellos, dispón dun orzamento global superior aos 10 millóns de euros e articúlase en tres grandes liñas de actuación:
Ademáis:
- Nova sede para o Consello Regulador e Museo do Viño: 110.000 €.
- Edificio multifuncional na Escola de Capacitación Agraria de Monforte: 550.000 €.
Na mellora dos accesos e instalación de elevadores Medio Rural atenderá ó interese xeral, buscando que se beneficien a maior cantidade de fincas posible con cada infraestructura.
A ribeira de Sober é unha das máis beneficiadas por este Plan, con 1.655.496 €.
Os fondos conseguíronse na negociación do deputado nacionalista Francisco Rodríguez no Congreso dos Deputados, o que demostra a utilidade do BNG en Madrid.

3 comentários:

paula disse...

Están xa respostados os comentarios da entrada anterior (abaixo).

Anónimo disse...

!Que grande eres BNG¡.Vivan os teus diputados no Parlamento de Madrid!.

Anónimo disse...

haga como yo, no se meta en politica.