Medio Rural toma a iniciativa nos Chancís

Reunión do BNG de Sober co Delegado Provincial de Medio Rural
14 de Febreiro de 2008

* Os responsables de Economía do BNG de Sober, Xabier Vivirido e o concelleiro Xesús Verao, máis a Responsable Local do BNG, Paula V. Verao, reuníronse esta máñá co Delegado Provincial da Consellaría do Medio Rural, Emilio López Pérez, no seu despacho en Lugo para explicar a moción que o BNG de Sober presentou no Concello o mes de xullo de 2007, aprobada por unanimidade, que instaba ó Concello a iniciar os trámites para levar adiante un proxecto de investigación vitivinícola nunha finca que a Deputación adquirira nos Chancís; ademáis de plantexar que o entorno se convertise nun Punto de Interpretación da Ribeira Sacra (ver moción aquí).
No mes de novembro pasado, o BNG de Sober presentara unha solicitude á Alcaldía para que se iniciasen os trámites para levar a diante o proxecto.
Considerando que desde o Concello non se iniciaron as xestións e que un punto da moción non se cumpliu (non se contratou o servizo de recuperación da viña antes da vendima pasada), o BNG de Sober decidiu tomar a iniciativa.

· Emilio López Pérez, tras a exposición do proxecto para a finca dos Chancís por parte dos representantes do BNG, anunciou que a Delegación lucense da Consellaría do Medio Rural se porá en contacto ca Dirección Xeral de Investigación desta Consellaría; pois ten interese neste proxecto investigador.
Medio Rural tomará a iniciativa para levalo adiante, contactando co Concello de Sober, ca Deputación, propietaria da finca, e co Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.

Ademáis, Emilio López Pérez anunciou que:

· Se planificará unha reunión cos veciños de Neiras para estudar a posibilidade de crear un Banco de Terras nesta parroquia, orientado á producción hortofrutícola.

· Medio Rural vai tomar medidas contra as pragas que atacan as árbores do municipio, a Altica quequetorum e a orugueta do almendro.

1 comentário:

paula disse...

Perdón, esqueceunos dicir que, por suposto, Medio Rural tamén se porá en contacto co Concello de Sober.