DECÁLOGO PARA O FUTURO

10 DEMANDAS DO BNG Ó ESTADO PARA O FUTURO DO SUR DE LUGO
1. Autovías: Lugo-Ourense. A-76. Monforte Chantada.
2. Ferrocarril: Monforte como centro de redistribución de mercadorías e tren de cercanías dos concellos do sur de Lugo con Lugo e Ourense.
3. Competencias para xestionar a UNED e o Fomento do Deporte.
4. Confederación Hidrográfica Miño-Sil e regadío.
5. Política enerxética propia en enerxías renovables.
6. Mellora de pensións e salarios.
7. Reparto da cota láctea acorde cas necesidades de Galicia.
8. Maior financiamento para os concellos dosur de Lugo.
9. Creación dun Xulgado do Social e máis servizos administrativos na zona.
10. Saneamento dos nosos ríos e desenvolvemento das zonas naturais protexidas.
Mitin central de Lugo-Sur: Monforte de Lemos
Venres, 22 de Febreiro ás 20:30 horas
Edificio Multiusos

2 comentários:

Xosé Manuel Carreira disse...

Xestionar a UNED xa é posíbel pois os centros asociados non dependen da sé central da UNED senón dos patronatos, xeralmente formados por concello, deputación e fundacións privadas.

Talvez a Xunta debía por mais cartos enriba da mesa -porque a UNED está gravemente infrafinanciada- para galeguizala e oferecer a través desta institución cursos semipresenciais de especial interese para os potenciais estudantes do rural galego con menos recursos para os que a UNED soe ser a única opción.

paula disse...

Estou de acordo en que a Consellaría de Educación debería considerar as sedes da UNED como propias, como parte do tecido universitario galego, e aportar máis financiación.
O Centro Asociado de Ourense, do que depende Monforte, está xestionado por un patronato, formado pola Deputación e o Concello de Ourense, fundamentalmente.
A cuestión é: se os C. A. da UNED non dependen da sé central, o Estado debería territorializar unha parte do investimento que aporta á UNED.
Si é certo que, para que o Concello de Monforte teña máis competencias, debe "negocialas" co patronato do C. A. de Ourense, non fai falta demandalas ó Estado. Ó Estado demándase a financiación necesaria.
Saudos.
Paula.