A TRAÍDA DE AUGA

ARROXO-PROENDOS-CANAVAL-REFOXO
1. PROBLEMAS CA AUGA
Levamos moitos anos sufrindo carencia de auga no verán en moitas parroquias do Concello de Sober.
En 2006/2007 destacou a falta de auga en Doade e Vilaescura e a saída de auga lodosa en Canaval.
2. O CONCELLO BUSCA A PEOR SOLUCIÓN
O Concello de Sober decidiu tomar a auga da traída para as parroquias de Arroxo (Sober), Proendos e Canaval (engadida logo Refoxo) do Cabe, mediante un sistema de bombeo.
Esta é a peor solución porque:
trátase de bombear auga desde o punto máis baixo do
Concello cara zonas máis elevadas (é custoso).
elexiuse a auga de peor calidade posible para mezclar
con auga boa.
O propio expediente desta infraestructura
indica que a auga do Cabe e a do regato das Lamas foi
calificada de NON APTA para o consumo humano,
mentres que a de Cacedo é APTA.
3. IRREGULARIDADES, M E N T I R A S E DESINFORMACIÓN
Para esta infraestructura, en Abril de 2005 o Concello solicitou á Confederación Hidrográfica do Norte permiso para que se lle concedese un caudal de 20 l/sg de auga procedente do Regato de Cacedo e da Lama e do río Cabe; posteriormente solocita tamén captación do regato das Lamas; con destino ó abastecemento do Concello de Sober.
Os edís Basilio Cobo e Mª Xosé Vidal e varios veciños presentaron reclamacións ó proxecto desde o principio e, xunto con veciños de Canaval, presentaron en Xullo de 2006 un escrito de reclamacións, destacando, entre outras cousas, que:
As obras que se solicitan xa foran realizadas
(irregularidade administrativa).
Pediron análises á Alcaldía en varias ocasións sen que lles fosen
mostrados e non aparece no expediente ningúnha análise.
- O Concello respostou entregando ós edís unha copia dunha analítica realizada pola empresa privada INVECO en Xullo de 2006 e manifestou que esta obra é a primeira fase dun proxecto que pretende abastecer a todo Sober.
Pero.... O Concello minte deliberadamente, pois se no expediente di que a captación abastecerá a todo o Concello de Sober e a 1.570 cabezas de gando, en declaracións á prensa o 4 de Agosto de 2006 (La Voz de Galicia) a Alcaldía afirma que "no se baraja la posibilidada de que la nueva traída proporcione agua a la totalidad del municipio".
É unha absoluta falta de respecto polos veciños o feito de que NON SE INFORMOU SOBRE A CALIDADE DAS AUGAS, inda que, por lei, o Concello está obrigado (Art. 15.1. Real Decreto Legislativo 1/2001)
(Texto Refundido de la Ley de Aguas)
.
4. NON CONSTA INFORME DE SANIDADE
O máis grave é que non consta informe da Consellaría de Sanidade.
A única análise que teñen os veciños é o dunha empresa privada.
A Confederación Hidrográfica concedeu o manantial ó Concello, desestimando as alegacións dos veciños e sen ter informe de Sanidade (esta concesión aparece só no expediente: non foi publicada no BOP).
Legalmente, desde Abril de 2007, o Concello de Sober é o responsable do suministro de auga cas adecuadas condicións de calidade e salubridade.
5. ACTUACIÓN DO BNG
Presentamos en Setembro as seguintes preguntas.
1. ¿De que maneira se está a garantir a calidade da auga?
2. ¿Que custe mensual ten o bombeo de auga do Cabe hasta o tanque de
Proendos? ¿Cal é o custe total mensual do funcionamento da traída de auga?
3. ¿A auga ca que se abastece a Vilela e Canaval é a mesma que a que se explicita no
expediente? En caso contrario: ¿con que auga se abastece a Vilela e Canaval?
4. ¿Provén a auga de Vilela e Canaval das Minas de Freixo? En caso afirmativo: ¿está
legalizada esta traída?
Presentamos en Setembro unha moción esixindo que se solicite de xeito inminente informe á Consellaría de Sanidade.
A esta moción diúselle entrada para o Pleno de Novembro.
Realizamos análises pola nosa conta.
AUGA DE FREIXO_ Manganeso: 1,12 mg/litro.
Supera os criterios de abastecemento humano con tratamento físico simple e desinfección (0,05 mg/l).
AUGA DO CABE_ Amoniacais: 0,45 mg/litro. Supera os criterios de abastecemento humano con tratamento físico simple e desinfección (0,05 mg/l).
_DBO5: 6 mg/litro. Supera os criterios de abastecemento humano con tratamento físico normal, tratamento químico e desinfección (5 mg/litro).

Ademáis, tres parámetros da auga do Cabe superan os criterios para o favorecemento da vida piscícola.
AUGA DO GRIFO (PROENDOS)_
DBO5: 4 mg/litro. Supera os criterios de abastecemento humano con tratamento físico simple e desinfección (3 mg/litro).

*NOTA: As análises foron realizadas tras uns días de choiva en Xuño, hai que ver a
situación agora, tras os meses de verán. Falta por analizar auga dun grifo en Canaval.
CONCLUSIÓNS
· NON HAI INFORME DE SANIDADE
· O BNG ESIXIU Ó CONCELLO QUE SOLICITE INFORME DE SANIDADE
· A AUGA DO GRIFO É POTABLE, PERO DE MÍNIMA CALIDADE
· MÉZCLANSE AUGAS DE MOI DISTINTAS CALIDADES
· O CABE ESTÁ MOI CONTAMINADO
· NON É RECOMENDABLE POTABILIZAR AUGA DO CABE
· A AUGA DAS MINAS DE FREIXO TEN UN POUCO DE MANGANESO POR RIBA DOS NIVEIS SEGUROS
· A CALIDADE DA AUGA VARÍA, É NECESARIO FACER ANÁLISES PERIÓDICAS
· O BNG PREGUNTA NO PLENO POLA FORMA EN QUE SE ESTÁ A GARANTIR A CALIDADE DA AUGA
· OS VECIÑOS TEMOS DEREITO A COÑECER O ESTADO DO NOSO ABASTECEMENTO DE AUGA

9 comentários:

Anónimo disse...

Gústame como traballades, serios e honestos. Seguiede así.
Un Saúdo.

PAULA disse...

Nunca dixemos que a auga do grifo non fose potable; dígoo polo que saiu publicado na prensa. Inda que, pouco importa, porque o que nos interesa, que son os veciños de Sober, están a recibir xa un folleto explicativo co texto deste "post".

PAULA disse...

Nunca dixemos que a auga do grifo non fose potable; dígoo polo que saiu publicado na prensa. Inda que, pouco importa, porque o que nos interesa, que son os veciños de Sober, están a recibir xa un folleto explicativo co texto deste "post".

paula2 disse...

As análises non as fixo ningunha empresa privada; nós dixemos literalmente que as fixeramos "pola nosa conta".
Tampouco dixemos que o Concello non fixese tratatamento da auga do Cabe, simplemente preguntamos como se está a garantir a calidade das augas.
Esto, dígoo por outra noticia noutro periódico.
Non penso desmentir nada na prensa porque nunca afirmei cousas que a prensa di que o BNG dicimos.
Remítome para aclaracións ó texto deste "post", que é o mesmo que entregamos ós veciños.

Anónimo disse...

De novo temos premio, somos o primeiro concello coa poboación máis envellecida de todo o Estado,que xa e decir, case o 48% dos habitantes de Sober superan os 65 anos; o índice de natalidade é nulo e o de mortalidade desbordanos, os novos marchan. ¿Quén é a responsable de tanta desfeita?.¿Qué se fai para invertir a tendencia?.
Moito marketing para gañar as eleccións por parte do PP, máis o resultado e este.
Chegará o día no que o Censo de Residentes Ausentes superará con creces o de habitantes de Sober.

BNG SOBER disse...

Seguiremos a estudar o problema da auga; pois unhas cousas quedaron aclaradas, mais outras non.
Por outra parte, decidimos non enviar unha nota de prensa aclaratoria, pois nós non somos culpables de que a prensa orientase o noso comunicado do xeito que o orientou; nós nunca afirmamos que a auga non fose potable.
En todo caso, esta vai por outras veces en que a auga clorada do grifo tén saído chea de materia orgánica, polo tanto non potable.
E, por último, non é de recibo acusarnos a nós de crear un problema. O problema existe e hai que solucionalo: moita xente non ten información suficiente sobre a auga do seu grifo e desconfía dela.

Anónimo disse...

Xa que non temos traballo, temos unha alcaldesa dentro do cazo dunha pá, unha imaxe que, efectivamente dí máis ca mil palabras neste caso, como alguén dixo, é o que temos¡.

paulaverao disse...

En fin...

Botelleiro disse...

Tanto esforzo para subir ó cazo e saíulle unha tarta espantosa como árbore de Nadal.
¡Bon Nadal!