NOVAS DE INTERESE

CONCELLO
- O Concello de Sober oferta unha praza de persoal laboral fixo coa denominación de TÉCNICO LOCAL DE EMPREGO. Máis información aquí.
- Adxudícase a obra de SANEAMENTO NA PENA. Aquí.
GALICIA
innovación e industria
-Anxo Quintana e Fernando Blanco anuncian unha rebaixa do 10% nas tarifas da ITV.
Porase en marcha un paquete de medidas para o potenciamento dos sistemas de inspección técnica de vehículos co obxectivo de convertelos nunha verdadeira arma de prevención e impulso da seguridade viaria. Ler máis...
- A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, a fase de formación da segunda convocatoria da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, na que participan dende hoxe 36 seleccionados, 35 deles mulleres.
Ler máis...
medio rural
- Medio Rural convoca axudas para a mellora da xestión económica das explotacións agrarias.
Destinaranse preto de 400.000 euros para financiar a creación ou adecuación dos servizos prestados polas agrupacións de xestión de explotacións. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 28 de outubro no rexistro da Consellaría do Medio Rural, ou en calquera das súas dependencias provinciais ou comarcais. Ler máis...
vicepresidencia
- Vicepresidencia implantará en Galiza o servizo galego de apoio á mobilidade persoal, o 065 social, destinado a persoas dependentes ou con discapacidade. Ler máis...
- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, amosou a súa inmensa satisfacción tras o encontro mantido o 17 de outubro cos portavoces do grupo parlamentario do PP, Manuel Ruíz Rivas, do PSdeG, Ismael Rego, e do BNG, Carlos Aymerich, que recibiron de xeito construtivo a proposta do Goberrno galego de elaborar e aprobar na Cámara autonómica unha proposición de lei que solicite ás Cortes do Estado a aprobación dunha Lei Orgánica que, pola vía do artigo 150.2 da Constitución, transfira a Galiza as competencias en materia de trafico.
- O orzamento previsto para diversas actuacións de educación infantil no ano 2008, ascende a 26.847.000 euros. Destaca a partida destinada á creación e equipamento da Rede Galega de Escolas Infantís, Galescolas, que ascende a 8.200.000 euros, así como o investimento previsto nos orzamentos do 2008 para o Plan de Calidade e Mellora Pedagóxica das Galescolas.
- Quintana e Caldera asinan en Madrid as primeiras partidas dos 60 millóns de euros comprometidos co Estado para saldar a débeda histórica con Galiza en servizos sociais.
vivenda e solo

www.conselleriavivenda.xunta.es

cultura e deporte
A conselleira de Cultura presenta no Parlamento o primeiro plan de lectura de Galiza, no que se investirán 50 millóns de euros ata o 2010.

6 comentários:

Anónimo disse...

¿A plaza de Técnico Local de Emprego ten nome e apelidos?.Si todo e xolda, Tai-chi, Danza do Ventre, bailes de salón, aprender a ligar (sic) na piscina, máis de medio Concello con idades superiores os 65 anos)(supostamente xubilados) quén traballa? ,¿para qué un técnico de emprego?, unicamente para asesorar os lambetas da alcaldesa para conseguir os postos vía dixital, pagados cos cartos de todos.

Anónimo disse...

A praza saíu a consurso pero xa seguro que saben quen vai ser...

Anónimo disse...

É por concurso, feita a medida, normal, coma sempre...

Anónimo disse...

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) POLO QUE SE ESTABLECE O CONTIDO E DESENVOLVEMENTO DO PACTO LOCAL QUE REXERÁ NA COMUNIDADE AUTONÓMA DE GALICIA
F) Consellería de Traballo
Crearase unha comisión mixta paritaria que estudará e proporá os mecanismos para o financiamento estable dos técnicos locais de emprego.

É a través do Pacto Xunta-Fegamp, igual que o do Banco de Terras que o vende como si fora unha idea orixinal dela saida da súa cociña , sendo algo que está no ideario do BNG desde sempre. Copiando ideas non ten prezo.

Anónimo disse...

Xa o sabemos, Alfredo Suárez Canal, Conselleiro de Medio Rural (BNG) presentou no Parlamento Galego BANTEGAL, entidade que asesorará e xestionará o funcionamento do BANCO DE TERRAS DE GALIZA, para que os propietarios de terras podan inscribilas no Banco e outros usalas arrendandoas. O que fixo a Raquel (media hora falando na radio, elixindo cuidadosamnete as palabras, para que creamos que é unha idea propia), foi ofrecer o Banco de Terras de Sober a Consellería, miniatura para obter réditos políticos a curto prazo.

Anónimo disse...

O Concello de Riotorto pon un anuncio institucional en El Progreso (24/11/07) convocando unha plaza de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, decindo que é subvencionada pola Consellería de Traballo.
-Ser diplomado ou licenciado.
-Idade entre 18 e 65 anos.
-Estar desempregado e inscrito na Oficina de Emprego antes do 30 de novembro como demandante de emprego na titulación que se oferta.
-Modalidade de contrato, etc.

Igualiño que a mesma plaza no Concello de Sober, en canto a publicidade da mesma.