ACTIVIDADE ORGANIZATIVA - OUTONO

· ASAMBLEA LOCAL
Venres, 19 de outubro de 2007
20:30 horas
Lembre que pode asistir como simpatizante poñéndose en contacto connosco nos teléfonos habituais.
· ELABORACIÓN E IMPRESIÓN DO VOCEIRO DE OUTONO
(engadimos unha separata de 2 carillas)
· INFORMACIÓN SOBRE OS PLENOS DE XULLO E SETEMBRO
- Pleno de Xullo: PXOM - Orzamentos e Persoal 2007 (aquí) - Taxas da Piscina Municipal (aquí) - Mocións e preguntas do BNG (aquí) - Taxas reguladoras do Servizo de Axuda a Domicilio (aquí).
- Pleno de Setembro: Expediente de modificación de créditos - Modificación das tarifas pola prestación do servizo de basura - Adicación parcial da Alcaldesa - Festivos locais para o 2008 - Concellos que representan a Sober no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria - Moción do PP de Galicia sobre o Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia (información en breve).

· Elaboración do nº 2 de Vándalos do lareiro.

19 comentários:

Anónimo disse...

Na plantilla de persoal o "operario de servic.Espec." non caio quen é pois pensaba que xa estaba xubilado a persoa que tiña esa función. Se alguén pode informarme moitas gracias.

Anónimo disse...

�Qu� vos parece a carta de agradecmento,con foto incluida, por si algu�n non sabe quen �que enviou a Raquel a t�dolos domicilios de Sober, votantes e non votantes?.�� �tico?. �Enviouna en condici�n de candidata ou alcaldesa?.�Qu�n paga os gastos dese envio, o PP ou o Concello?, a�nda que �a sin enderezo, o remite dio todo, non � unha carta institucional do Concello como tal sinon persoal, �qu� fin pretende?.

Paula Verao disse...

A plantilla de persoal funcionario está correctamente.
Un saúdo.

Paula Verao disse...

Pensamos (é 99% probable) que é unha carta enviada desde o Concello. Unha carta partidista, por suposto, disfrazada de institucional.
Se fose pagada polo PP inda o aplaudiríamos: significaría que por fin aprenderon a facer a propaganda cos cartos destinados a ela. Pero non, a carta é pagada cos cartos de todos.
E, por riba, cun deseño bastante maliño. Compáreno co voceiro nº 2 do BNG de Sober, no que, entre outras cousas, damos as gracias, pagado cos nosos cartos (posible inspirador da carta da Alcaldía). A carta do PP, ademáis de feita con cartos de todos, é unha birria...

Anónimo disse...

La foto, la foto me puede,¡bellezón!.

Anónimo disse...

Uyyyyy,uyyyy,uyyyyyyy, tedes cada vez menos credibilidade, en realidade sodes bastante mentireiros, facedes afirmacións sin probas e polo que vexo sin contrastar. Non son votante do PP,tampouco do Bloque (quedan poucas opcions), pero por circuntancias coincidin en correos cunha persoa do PP(non era a alcaldesa) que pagou as facturas da carta e de feito deume unha para que a lera. Polo tanto polo que vexo sodes dos que non predicades co exemplo, minte que algo quedara.

Anónimo disse...

E logo,¿que vos parece o da plaga dos carballos?, seica vos gusta como estan, home,eu entendo que para os de acó e mais preocupante que non se fagan actividades culturais "supostamente" pero unha chamadita os vosos colegas de medio rural non estaría mal, ainda que igual vos dicen o que saiu na prensa "o tema non e preocupante", a vida e asi de algo hai que morrer.

Paula Verao disse...

Fíome da túa palabra OS DE ACOLÁ cando dis que viches a unha persoa pagando a factura en correos. Fíate ti da miña cando digo que unha persoa viu a fotocopiadora do Concello cun "tacazo" de fotocopias nas que distinguiu a foto da Alcaldesa na marxe esquerda, tal como está na carta, só que en color. Outras persoas tamén me dixeron que estaban a imprimir esa carta no Concello.
Moi ben: para falar sobre seguro hai que investigar se a carta foi enviada desde o Concello, é dicir, se hai unha factura de Correos de tantas cartas de tal data.
O máis difícil é saber de onde sairon os folios, os sobres e as fotocopias; e quen ensobrou as cartas.
Retiro que sexa unha carta institucional, non o podo probar (o de cutre non o retiro).
A hipótese que manexo é que: 1. Imprimiuse unha primeira carta no Concello, en color. 2. Rectificouse e tiráronse todos folios (¡que derroche!) e decidiuse facer unha nova carta pagada en correos polo PP. 3. Falta saber de onde sairon os folios etc.
Aplaudo que a carta a pagara o PP, pero está claro que a redacción está pensada coma se fose unha carta enviada pola Alcaldía. Nos envíos de propaganda partidista débese indicar a forza política remitente e deixar claro que é un envío dunha forza política. Paréceme que iso é transparencia.
Saudos...

Paula Verao disse...

O último comentario debería poñer paulav en lugar de OS DE ACÓ.
Este si é dos de ACÓ:

Claro que é un problema a praga dos carballos (e outra plaga que pode ser máis dañina). Na Asamblea do Venres imos tratar o tema e planificar unha reunión con Medio Rural sobre este e outros asuntos do Concello.
Séguenos parecendo correcto que o Concello pedise axuda e se alarmara, pero nesta época do ano non se pode actuar. Quedan agora uns meses, hasta a primavera, nos que tanto Medio Rural coma o Concello deben buscar a mellor solución. O BNG quere contribuir a iso.
Se ultimamente non facemos tantas comunicacións no Blog nin enviamos nada á prensa é porque decidimos facer dos voceiros a principal canle de omunicación cos cidadáns (é a que chega a todos e sen "contaminacións").

Anónimo disse...

Buf. E non se nos pode acusar de non tratar temas serios. Véxanse todas as nosas mocións e preguntas ata o de agora: abastecemento de auga, lixo, etc. (e as que virán).
E repito que a Cultura para nós é máis que actividades (máis ou menos acertadas, máis ou menos reais): ten que ser un eixo da política e englobar a toda a sociedade. Cultura tamén é, por exemplo, saber que elementos do Patrimonio histórico-artístico temos no noso solo, e non só andar a voltas co viño e os "Cotorros I e II" (véxase a revista da Ribeira Sacra; o nº de Setembro).

Anónimo disse...

Que interesante, esto é como unha película desas boas de cine negro, de expionaxe, como foi, estabades con prismáticos dende a Biblioteca Municipal(que según comentarios parece a sede do BNG,e, en confianza, algun folio que pagamos todos teredes gastado tamen, veña confesade) e vichedes o taco de fotocopias, ou introducichedes un espia que se fixo pasar por o leiteiro que viu como 100 chinos estaban a ensobrar escondidos no hueco da calefacción.Voulle decir a Cortiñas que instale na Cámara Agraria a sede do Psoe e rodamos unha película, ganamos un oscar seguro.

Anónimo disse...

Pois non, non se me ocorre usar folios do Concello para cousas persoais.
O de andar a xente polos edificios públicos debería ser algo normal e natural; e o de enterarse de que se estaban a facer as fotocopias pois era ben fácil.
Se a un veciño ou veciña tiveran que facerlle unha copia ou algo atoparíase cun montón de copias que vería desde a porta. Ese día non sabería o que era, pero ó chegarlle a carta á casa, deuse de conta. É tan simple como iso.
E, bueno, por min deixo este tema. Xa vedes que nin sequera puxen unha copia da carta no Blog, xa que, como dixen, o Blog vai ter menos inmediatez e máis contidos de fondo.

Anónimo disse...

Sobre o da sede do BNG na Biblioteca, menudo comentario de mal gusto. Un vai por a Casa da Cultura e, se é do BNG ou do PSOE, é que usa os edificios públicos para reunirse; se é do PP, non.
¿Que me dicides das luces da Casa do Concello encendidas hasta altas horas da noite en dúas ocasións antes das eleccións municipais? ¿Había moito traballo? Elementos para cine de espías si que hai, é verdade.

Paula Verao disse...

Por outra parte, o goberno municipal debería habilitar un local dos edificios municipais para sede dos grupos da oposición tal e como contempla a lei e como pediu o PSOE no Pleno de Organización. Os concelleiros da Oposición tamén son representantes públicos.

Anónimo disse...

Para o de acolá, pobriño/a, como se nota que comes do pesebre. Pouca retranca tes, difama, que algo queda.

Anónimo disse...

¡Finísima la ironía del de acolá¡. Eres patético, cambia de profesión y dedícate a ser el chistoso oficial de Raquel, la omnímoda alcaldesa de Sober.
Ja, ja, ja.
Graciosillo.

Anónimo disse...

Xa vexo que non me queredes, voume logo, allende los mares, non sabedes admitir as criticas pero si facelas, e eso que vos estaba a dar moito xogo. Adios rios, adios fontes,adios regatos pequenos, adios vista dos meus ollos NON SEI CANDO NOS VEREMOS.

Anónimo disse...

O xogo, evidentemente, o da carta, e a vós a quen volo da, e dende logo temos sentido do humor, moito, moitísimo para aguantar todo o que tí dis, e xa que nomeaches o leitiro e os chineses, grande demócrata ese señor que nun Pleno no que estaba falando un concelleiro da oposición dixo, máis ou menos, "votemos dunha vez, que estou farto de escoitar este rollo".¿Temos ou non temos sentido do humor?. Non insultes a intelixencia, porfa.

Anónimo disse...

Volve, ruliña, volve...