SOS COUREL

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, veciñas e veciños do concello de Folgoso do Courel, piden axuda urxente para que a Xunta de Galiza declare Parque Natural O Courel, ante a autorización de novas canteiras ademáis das xa existentes.



Somos a "Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel" veciñ@s do Courel; territorio da Galiza, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, educativos e científicos, únicos en Europa, foi incluído na Rede Natura 2000, é Patrimonio de tod@s. Propiedade común son tamén as augas que todos estes montes recollen da néboa do Océano, e voltan por milleiros de regatos e ríos; atravesando terras de Asturias, León, Galiza e Portugal, ata o Mar
Sen axuda de tod@s, só @s veciñ@s do Courel, con pouco máis de “mil votos”, seremos incapaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto”.
Esta Asociación, no outono de 2004 fixo unha campaña na defensa do Courel . A Xunta de Galicia, na primavera de 2005, respondeu cunha proposta de Parque Natural totalmente mutilada, deixando fora todo o sur do Courel para as pizarreiras existentes e outras novas que se pretendenn autorizar:
Na ladeira este da Serra, quedaban fóra as cuncas, xa totalmente aniquiladas do ríos Pacios e Vilarbacú, onde traballan 5 macrocanteiras de pizarra.
Pero tamén deixaban fora na ladeira oeste cunca do Ferreiriño, para abrir xunto ao Pregue Tumbado do Courel a concesión CUPA II.2 e a metade sur da cunca do Lor, onde estaba previsto abrir 2 novas macro canteiras, CUPA II.3 e ILUSIÓN.2 e legalizar “La campa”, que traballaba xa, sen licencia municipal nin autorización do Consello da Xunta e con unha orden de peche de Urbanismo.
Agora, no 2007/2008, o Courel será Parque Natural definitivamente, un pouco máis extenso ao norte que na proposta do 2005, pero outra vez gravemente mutilado ao sur, para acoller as mesmas canteiras e as mesmas novas concesións. Moi pronto 9 macrocanteiras canteiras “explotaran” simultaneamente a Serra.
Esta declaración, que se invalida a si mesma, é a “sentencia” definitiva do Courel. Logo coa inminente próxima aprobación da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, Folgoso do Courel será declarado Concello Mineiro (artigo 46, páxina 28). E por presunto interese social, a minaría terá prioridade sobre o Parque Natural e poderán ir recortándoo na medida das “necesidades” .
Esta declaración deixa fora do Parque o pregue Tombado do Courel un fito xeolóxico único en Europa e a metade sur da cunca do Lor algo único dentro da Rede Natura e unha das rarezas que fan extraordinario ao Courel. Tratase da profunda incursión da zona bioxeográfica Mediterránea no interior da Atlántica, de excepcional riqueza faunística, un dos últimos hábitats do bufo real na Galiza, ave en perigo de extinción. As terras de Santa Eufemia, Baldomir, Vilamor, Froxán, Vilar, Castro Portela, Salcedo, a Montaña do Lor, Barxa de Lor, ... ; todo isto quedará fora do Parque Natural, todo por mor da “obsesión de non dar gastado os recursos naturais”
A urxencia desta ciberacción ven dada pola inminente legalización da canteira “La Campa” no Consello da Xunta de Galicia, tal e como se nos comunicou dende todos os Organismos Sectoriais competentes. A documentación xa está preparada na Comisión Superior de Urbanismo, para ser examinada. Xa alegamos reiteradamente ante as Administracións, que esta é unha explotación imposible por estar totalmente cercada polos ríos Lor e Loruda, por varios núcleos de poboación, pola estrada LU-651, polo souto de Santa Eufemia e no medio de un Espacio Natural. Máis cedo que tarde terá que ser clausurada, pero acontecerá despois de legalizada, e terase que indemnizar á empresa con cifras astronómicas con cargo aos Fondos Públicos.
ACTÚA: Entra na páxina de ADEGA www.adega.info, clica en SOS COUREL e descarga un formulario para enviar sinaturas ó Presidente da Xunta en defensa do Courel, ¡POR UN PARQUE NATURAL DIGNO!
S.O.S. Courel I. O Problema
Un artigo de Xosé Manuel Beiras
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=180642

Sem comentários: