¿ERES PARÁSIT@?

Súper test
Para homes con-sorte(s) e moz@s que coman e durman na casa familiar.

1. Sé sincero: ¿quen lava a roupa, frega o chan, pasa o ferro e limpa a merda incrustada no water?

a) No meu fogar colaboramos todos (máis ou menos).
b) Ejem... Bueno, unha vez sequei as culleres.
c) Iso faino a miña nai, que para iso non hai "máis que unha".

2. Ergues cedo para ir ó traballo ou a clase: ¿que sucede logo?

a) Bico na fronte á miña compañeira ou á miña mamiña e deixo unha rosa sobre a mesiña de noite (¡que amor!).
b) Lavo ben as orellas, tomo un café e lisco pitando.
c) Teño o almorzo na mesa, mecagho no mundo, ¡que menos!

3. Marchas de pesca ó Sil cos colegas. Pola noite...

a) Asamos os peixes na parrilla, enchemos xerras de cervexa e ¡a vivir!
b) Estou canso. A mai destripa os bechos e eu quedo roque no sofá.
c) ¡Festa! As mulleres a fritir, nós a servir o viño e comentar o bo que está este ano, carallo, que case ten 13 graos...

4. ¿Cal é a túa especialidade culinaria?

a) Apáñome... Un pouco de todo. Na miña casa todos andamos entre pucheros.
b) Churrasco á parrilla, chourizo asado e carne ó caldeiro. ¡Variedá!
c) ¿Que significa culinaria?

5. Festa do santo na parroquia: ¿hai moito traballo?

a) Si: asar o año, poñer a mesa, as ensaladillas, o peixe... ¡Buf!
b) Vou de reenganche, pero haberá que poñer a mesa.
c) Poñer o traxe novo e coller sitio no vermú.

6. O avó Secundino ten vez co médico mañá: ¿quen o leva?

a) ¡Quen poida!
b) Hostia, vai ti Fermina que eu teño que botar a Primitiva.
c) ¡Que chame a un taxi! ¿Pa que carallo quere a pensión?

7. ¿Que é para ti unha ama de casa?

a) Denomínase así a quen realiza as tarefas da casa sen recibir salario por elo. Fórono tradicionalmente as mulleres, e ségueno a ser, para que nos imos a enganar.
b) Pois a miña mamá, que me ten a comida quente e a cama feita.
c) A miña chacha particular.

RESULTADOS:
MAIORÍA DE A
Vale tío/a, eres guai, pero non te pases ca cursilería.
MAIORÍA DE B
Necesita mellorar.
MAIORÍA DE C
Se eres a compañeira, nai ou criada para todo deste/a energúmeno/a (supoñemos que el/ela non se deterá a ler esta letra tan pequena) fai folga XA.

* PÁSAO.

Sem comentários: