O BNG INFORMA

nº 1
* Este é un boletín informativo que envía o BNG de Sober ás Asociacións do Concello de Sober para informalas sobre subvencións e liñas de axuda que consideramos de interese para as xentes de Sober; tamén o enviamos a particulares que poidan estar interesados nas axudas.

MEDIO RURAL
Axudas para a:
1. Realización de plans de mellora nas explotacións agrarias.
Inclúese:
a) Mellora das condicións de vida e traballo dos/as agricultores/as e dos/as empregados/as das explotacións. Os investimentos considerados destinaranse, en exclusiva, á mellora das prácticas agrarias e tarefas derivadas da explotación agraria.
b) A mellora cualitativa e a ordenación de producións en función das necesidades de mercado e, se é o caso, con vistas á adaptación ás normas comunitarias de calidade, así como para a diversificación das actividades agrarias, especialmente mediante investimentos destinados á clasificación, acondicionamento, fabricación, transformación e comercialización dos produtos agrarios da propia explotación.
c) A adaptación das explotacións con vistas a reducir os custos de produción, aforrar enerxía ou auga, ou a incorporación de novas tecnoloxías, incluídas as de informatización e telemática.
d) O cumprimento das normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais establecidas recentemente.
e) A mellora das condicións de hixiene das explotacións gandeiras e de benestar dos animais, a protección e mellora do solo, da cuberta vexetal e do ambiente.
Non se concederán axudas para os seguintes investimentos:
a) Compra de terras. / b) Os investimentos de simple substitución. / c) Os investimentos na compra de dereitos de produción, animais e plantas anuais e a súa plantación.
2. Primeira instalación de agricultores mozos (18 a 39 anos).
Requisitos:
a) Posuír, no momento da súa instalación, o nivel de capacitación profesional suficiente, segundo o punto 2 B) 3. do artigo 3º desta orde ou comprometerse a adquirilo nun prazo de dous anos, desde o momento da súa instalación.
b) Instalarse nunha explotación agraria que requira un volume de traballo equivalente polo menos a unha UTA ou acadar esta condición nun prazo máximo de dous anos desde a súa instalación.
c) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a data de concesión da axuda.
d) Manter ou fixar a súa residencia na comarca onde radique a explotación ou nas comarcas limítrofes, salvo casos de forza maior ou necesidade apreciada pola Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.
e) Cumprir a explotación as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, segundo o indicado no anexo II desta orde, no prazo máximo de dous anos desde instalación do/a mozo/a.
Dog: 16-Maio
O prazo remata o 17-AGOSTO-2007


INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Subvencións aos artesáns titulares de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego.
a) Obras que se destinen á creación e posta en funcionamento de novas instalacións, así como á mellora, ampliación ou modernización das xa existentes.
b) Proxectos de innovación no proceso produtivo.
c) Divulgación e promoción de produtos artesanais (deseño imaxes corporativas, envases...).
d) Participación como expositor con caseta propia en feiras de carácter profesional.
e) Gastos de inscrición en programas formativos de especialización profesional que teñan relación coa súa actividade, cun máximo de dous asistentes por obradoiro.
f) Accións encamiñadas á incorporación do deseño ás novas liñas de produto, mediante a colaboración con axentes externos profesionais que desenvolvan esta actividade a título principal.
g) A contratación en prácticas, por parte de obradoiros inscritos no rexistro xeral de Artesanía de Galicia, de traballadores desempregados inscritos no momento da contratación no Servizo Público de Emprego.
h) Alta na Seguridade Social de novos artesáns.
Dog: 31-Maio
O prazo remata o 1-XULLO-2007


VICEPRESIDENCIA
Axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, con destino a gastos correntes de mantemento e de funcionamento durante o ano 2007.
Dog: 5-Xuño
O prazo remata o 6-XULLO-2007

Oferta de prazas para mozos e mozas estudantes nas residencias xuvenís dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso académico 2007/2008, no réxime de internado
- Lugo. Centro Residencial Juvenil LUG.
Prazas: 76 home/muller.
- Ourense. Residencia: Florentino L. Cuevillas.
Prazas: 54 home/muller.
- Vigo. Residencia: Altamar.
Prazas: 94 home/muller.
Dog: 21-Xuño
O prazo remata o 6-XULLO-2007
Oferta de prazas de colaboradores-bolseiros nas residencias xuvenís dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso académico 2007/2008.
O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:
- Centro Residencial Xuvenil Lug (Lugo) 4 home/muller
- F.L. Cuevillas (Ourense) 5 home/muller
- Altamar (Vigo) 6 home/muller
* A concesión da bolsa comporta aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período de funcionamento, incluído o curso académico e o período de vacacións, o que comprende os doce meses do ano. O aloxamento será de tal xeito que lle permita ao bolseiro a normal realización dos seus estudos.
Dog: 21-Xuño
O prazo remata o 6 -XULLO-2007


CULTURA E DEPORTE
Subvencións para fomentar a realización de programas ou actividades de promoción do hábito lector, en especial a creación e mantemento de clubs de lectura polas asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro.
Dog: 29-Maio
O prazo remata o 29 –XUÑO-2007


Axudas destinadas ao fomento de actuacións de conservación e mantemento e de restauración de bens inmobles do patrimonio etnográfico que forman parte do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, calquera que sexa a categoría de protección enque se inclúan (ben de interese cultural, ou beninventariado), tales como hórreos, cabazos, cabaceiras, piornos, celeiros, cruceiros, petos de ánimas, palleiras, alpendres, pallozas, muíños, fontes, lavadoiros, fornos, pombais e outros de carácter similar.
Dog: 1-Xuño
O prazo remata o 11 –XULLO-2007


VIVENDA E SOLO
Bases: subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia.

CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS:
1. Nos casos de rehabilitación en ámbito rural ou en conxuntos históricos, o 40% sen superar a cantidade de 7.000 euros.
2. Nos casos de renovación en ámbito rural ou en conxuntos históricos, o 40% sen superar a cantidade de 10.000 euros.
3. Nos casos de actuacións de rehabilitación cando a vivenda sexa unifamiliar en ámbito rural e estea nun conxunto ou núcleo histórico, o 50% sen superar a cantidade de 8.000 euros.
4. Nos casos de actuacións de renovación cando a vivenda sexa unifamiliar en ámbito rural e estea nun conxunto ou núcleo histórico, o 50% sen superar a cantidade de 12.000 euros.
Dog: 18 -Xuño
O prazo remata o 19 -SETEMBRO-2007


Subvencións destinadas ás persoas físicas promotoras de vivendas unifamiliares rurais, con baixos ingresos, para que poidan rematar os exteriores das súas casas, quedando protexidas da humidade e o clima en condicións de salubridade e seguridade, adecuadas aomedio e á paisaxe e respectuosas coa tipoloxía tradicional da zona.
Dog: 19 -Xuño
O prazo remata o 31 -AGOSTO-2007


DEPUTACIÓN
Subvencións a ASOCIACIÓNS para a realización de ACTIVIDADES CULTURAIS e para a realización de OBRAS.
* Os impresos hai que recollelos na Deputación.
* OS IMPRESOS DO DOG PODEN CONSEGUIRSE NAS OFICINAS DO CONCELLO OU POR INTERNET: www.xunta.es/diario-oficial

Sem comentários: