ACTIVIDADE ORGANIZATIVA EN XUÑO

Mª Xosé Vega: elixida Deputada Provincial polo BNG na Zona Electoral de Monforte
O Venres 15, os membros do Consello Comarcal decidimos que lle plantexaríamos á Asamblea de militantes a proposta de que Mª Xosé Vega fose a Deputada Provincial que o BNG acadou na circunscripción electoral de Monforte a costa do PP.
Na anterior lexislatura, o PP tiña 2 deputados e o PSOE 1; tras o 27-M, cada unha das tres principais forzas políticas galegas ten 1 deputado por esta zona.
O Luns 18, a Asamblea de militantes dos Concellos de Sober, Pantón, O Saviñao, Monforte, Póboa de Brollón, Bóveda, Quiroga, Ribas do Sil e O Courel ratificamos a proposta do Consello:
DEPUTADA PROVINCIAL - Mª XOSÉ VEGA
Suplentes: Alicia Cadarso, Xosé Lois Maceda e Severino Rodríguez.
Venres, 22 de Xuño - Asamblea Local - SOBER
O BNG de Sober celebrará a súa primeira Asamblea tras as eleccións municipais ca seguinte orde do día:

- VALORACIÓN SOBRE OS RESULTADOS ELECTORAIS
- ORGANIZACIÓN DO TRABALLO DESDE O CONCELLO - NOVO REPARTO DE TAREFAS
- VARIOS ASUNTOS CONCRETOS DO CONCELLO * Dos cales daremos publicidade tras a celebración da Asamblea, segundo os acordos que se tomen.

--- Esta Asamblea é aberta a simpatizantes. Se desexas asistir, manda un correo a benegasober@hotmail.com ou chama ó 637 50 20 35 ---

Constitución de grupo municipal
O Xoves 21 entregaremos un escrito no Concello para constituirnos como grupo municipal, sendo portavoz Alfonso Campos e portavoz suplente Xesús Verao.
Impresión da revista de Xullo
Xa temos listo o texto e fotos do boletín de Xullo, que se imprimirá en Plana Artes Gráficas de Santiago de Compostela. Desta vez, en lugar de envialo por correo, distribuirémolo nós persoalmente, para recortar gastos.
1º número de O BNG informa
Inauguramos unha nova liña de comunicación cos cidadáns que consiste nunha carta que enviaremos a Asociacións e colectivos (así como a particulares interesados) máis ou menos cada mes sobre as liñas de axuda e subvencións da Xunta e da Deputación interesantes para a xente de Sober.
Novos militantes
A Asamlea de Sober contará con 5 novos militantes; simpatizantes do BNG que solicitaron a alta na organización frontista.
O BNG é unha organización de afiliación individual. Organízase en Asambleas Locais (todo militante pertencerá a unha Asamblea Local) integradas en Asambleas Comarcais. Nos Concellos con menos de 10 militantes, estes intégranse noutra Asamblea Local.
En Sober, somos actualmente 14 militantes (19, cando se formalicen as novas altas, que deberán ser aprobadas nun Consello Comarcal), que traballamos xunto con máis simpatizantes non afiliados.
No BNG as decisións tómanse en Asamblea, por maioría, e os cargos políticos, coma o de Deputado Provincial, decídímolos os militantes; inda que se respetan as posicións minoritarias, que teñen dereito á súa defensa pública, sempre que esta non conleve o boicot á organización.

3 comentários:

Anónimo disse...

¿Porqué será que esta vez asinou o convenio contra incendios con Medio Rural?, xa non vale iso de obstaculizar dende os concellos do PP o traballo das Consellerías do BNG, de renunciar a subvencións porque non pode poñer a dedo ós traballadores, o panorama político a partir do 27-M é moi diferente para o PP en toda a provincia de Lugo.

Anónimo disse...

Hoxe escoitei a Raquel, nona parecía, que humildade!,será a alcaldesa de todos, os que a votaron e os que non, non presumiu da sua mayoría, parece que atrás quedan tempos mui próximos onde estabas con ela ou en contra, non cabian termos medios; como Diputada
provincial traballará para todos os concellos da zona sur (na oposición),que tenro!, o dito, descoñecida, non parecia ela, parecía un espellismo.¿Qué lle pasaría?.

Anónimo disse...

pois o que pasa cando perdes, que te tes que remoer. sobre todo se estas acostumado a levar anos na poltrona sen ningunha molestia.