NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL

As 10:00 da mañá do día de hoxe, 16 de Xuño de 2007, tomou posesión a corporación municipal de Sober para a lexislatura vixente.
PP (8)
1. Raquel Arias Rodríguez
2. José Gómez Vázquez
3. Domingo López Fernández
4. Manuel Álvarez Pérez
5. José Antonio Arias Pérez
6. Sonia Fernández Martínez
7. Carmen Álvarez Páramo
8. Antonio González Fernández
BNG (2)
1. Alfonso Campos Pérez
2. Xesús Verao Pérez
PSOE (1)
1. Antonio Prado Cortiñas

Os concelleiros electos procederon entón á elección de Alcalde, votándose cada grupo a si mesmo, polo que, Raquel Arias Rodríguez quedou investida Alcaldesa-Presidenta do Concello de Sober por 8 votos de 11. A Alcaldesa electa tivo unhas palabras de agradecemento para todos os veciños de Sober polo seu comportamento durante as eleccións.
Alfonso Campos, en nome do BNG, comprometeuse a apoiar todo aquelo que garanta o desenvolvemento de Sober, e a traballar unidos por iso, mantendo unha postura de Oposición firme, para a que demandou Transparencia.
Antonio Prado Cortiñas manifestou a súa vontade de facer unha Oposición firme e leal.
Alfonso Campos Pérez agasallou ós concelleiros da nova corporación, así coma ó Secretario, co libro Descripción del Término Municipal de Sober, de Enrique Fernández Llano, con motivo do trinta aniversario da publicación deste libro e a modo de homenaxe a unha persoa tan importante para o coñecemento da nosa Historia.

11 comentários:

Xaco disse...

Noraboa a todos os elixidos

Anónimo disse...

... polo BNG.

Anónimo disse...

Noraboa a todos os elixidos.
Pero...
Ao mellor e noraboa para os dos PP e noramala para os do BNG e PSOE

Anónimo disse...

¡Canto pepero anda solto por este blog!.¡Como atrae o BNG!.

Anónimo disse...

a política para os liberados, o traballo para os demais.
GORA SOCIAL DEMOCRACIAK!
O día que vexa traballadores de verdade aí crerei no voso circo, todos sodes ladróns do pobo.

Anónimo disse...

Estás zumbado chaval, ponte en cura, o extremismo que manifestas non te leva a bon porto; estás fora do sistema e as túas manifestacións son un berro pedindo axuda, non podemos axudarte, e non utilices o blog para insultar, xa que a administradora pode cansarse dos teus exabruptos e xa non terías sitio onde desafogarte.

Anónimo disse...

jajaja. pero por dios, parece que vos estorban no voso reino da unanimidade. a que tedes medo? pero da igual, velai a democracia e o dialogo dos democratas.

Anónimo disse...

dos q saen na foto cantos non son funcionarios que sofren de verdade e non tenhen asegurado o pan? cantos non son liberados. non reconhecedes nin o que se ve sen necesidade de mirar. pero non tedes o monopolio deses vicios, sodes un mais como o pp e o psoe e os q saian, coa diferencia de que eles xamais enganaron a ninguen.

Anónimo disse...

Terrón por terrón, vaite a Pantón
se che dan a escoller, escolle Sober; escolliches Sober, ¡que imos facer!.Explaiate, ánimo, segue tentando ter sempre a derradeira palabra, demócrata.

Anónimo disse...

En pantón vivese ben, pero penso que no mundo hai algo máis que pantón e se pode ir onde se quere. impactante demostración de como é a cultura política. Deica!

Anónimo disse...

...Uf¡¡¡.