CURIOSIDADES CURIOSAS III


WHERE IS O OUTEIRO?
O Outeiro é un pobo de Bolmente que como todo o mundo sabe: existe.
No Outeiro asentouse no século pasado un párroco de Marcelle, Venancio Verao (e desculpen que fale da familia), co seu sobriño, a quen casou cunha criada de Rosende.
No Outeiro hai unha casa, que noutro tempo tivo certa riqueza, e unha casa nova cunha adega, a Cividade.
Hai tamén castiñeiros, vacas, un contenedor verde do lixo e, ás veces, anda o lobo por alí.
É dicir, o Outeiro existe e alí faise vida coma en calquera pobo habitado do termo municipal.
Sen embargo, o Concello de Sober insiste en que O Outeiro é o mesmo ca Cacedo, e que por iso non pon un flamante letreiro para sinalizar O Outeiro. "¿E logo a Adega Cividade está situada fóra do tempo e do espacio?" - pregúntanse os visitantes -.
Pois a min aparéceme O Outeiro nos mapas topográficos do IGN...
¡A ver se pretenden borrarnos do mapa ós "outeirenses", que pode haber .......!
Unha Verao do Outeiro.

Sem comentários: